Letra en Obras

Letra en Obras: Un ano en permanente construción
Tal día como hoxe hai un ano botaba a andar o proxecto Letra en Obras. Doce meses despois estamos outra volta ás portas do Día das Letras, a xornada onde se reivindica a palabra escrita na lingua nosa, o día grande da literatura. Mais como diciamos o pasado 16 de maio a nosa literatura precisa de espazos os 365 días do anos, aínda que nalgúns casos sexan tan humildes coma esta revista dixital.

A nosa declaración de intencións deixámola no limiar do libro colectivo 17 letras sen día, que podes descargar aquí de balde:

“Letra en Obras é a literatura en permanente construción: ese río de tinta ou de bits que por fortuna non deixa de fluír. A palabra escrita latexa cada día, cada hora, a miúdo en silencio, intentando recompoñer o caos que nos rodea. Eis un luminoso exemplo: Dezasete autoras e autores de case outras tantas bisbarras do país que nos achegan un monllo de historias breves que de seguro non han deixar o lector indiferente.

No mesmo mes que se celebran as Letras e un prácido Vento Lois percorre o planeta literario, sae a navegar pola rede este veleiro tripulado por xente moza. As bodegas do barco van repletas e nós queremos abrilas a todos os lectores. O único prezo para esta viaxe é o interese e a paixón.

Nun tempo no que a casa da nosa literatura ten aínda demasiadas fiestras por abrir, é certo que os tempos pasados tampouco foron mellores, Letra en Obras arela ser unha ponte aberta entre os novos creadores e o público. A escrita de calidade tamén se move á marxe dos flashes, dos congresos, das cátedras…e este mosaico quere ser o escaparate desoutra literatura que xa está aquí.

Estamos seguros de que moitos dos nomes que figuran neste volume serán nun futuro, que xa se está a construír no presente, os alicerces que sigan tremando dunha literatura tan necesariamente galega como universal.”

Un ano despois daquela presentación pública e novamente ás portas do Día das Letras queremos darvos as grazas ás ducias de persoas que dun xeito ou outro colaborastes e colaborades para que este proxecto siga en pé. Por outros 365 días de letras en obras!!!

«Lendo a Saramago directamente en portugués tamén o podemos considerar un pouco noso»
Seguimos falando cos outros grandes protagonistas da literatura: os lectores . Hoxe contesta o noso cuestionario de Fotomatón Antón Amor Becerra (A Coruña, 1977).  Licenciado en Políticas pola USC, pasou a infancia e boa parte da xuventude nunha viaxe constante entre A Coruña (cidade na que recalou a familia por cuestións laborais) e Cerceda (municipio de orixe familiar e ao que sempre estivo moi ligado). Ao final tivo que escoller e puido o corazón: decidiu traballar na Coruña e vivir en Rodís (Cerceda). Eis a conversa que mantivemos con el para Letra en Obras.

Antón Amor

-Que andas a ler agora?

Agora mesmo estou a ler »Claraboia», de José Saramago; Foi unha das súas  primeiras obras, pero permaneceu inédita ata hai ben pouco. Tamén me  gusta moito o ensaio; agora mesmo estou lendo un libriño pequeno que se  titula «Manifesto de Economistas Aterrados», escrito por varios  economistas franceses, e «Xeografía de Galicia», tamén de varios autores  e editado o pasado novembro.

-Tes que comprar cinco libros para dar un agasallo moi especial. Que títulos mercarías?

Hai moitísimos libros bos e a decisión sería difícil.

-Se puideses escoller que tres escritores do mundo mundial che gustaría que fosen galegos?

En Galiza temos escritores únicos, e, ademáis, podemos ler directamente  do portugués, polo que tamén podemos considerar un  pouco nosos a  escritores como Saramago, que últimamente me ten engaiolado. Gústanme  moitos autores, pero non teño especial necesidade en que estes sexan  galegos.

-Os libros que non che gustan pásasllos aos inimigos, fas lume na cociña de ferro ou gárdalos por se che cambio o gusto?

Gardo case todo o que leo aínda que non me guste; confeso que unha vez,  despois dunha compra impulsiva, botei ao lixo, avergoñado comigo mesmo,  un deses libros tontos e sensacionalistas: Afortunadamente, non me  volveu a pasar.

Redes sociais: xa case somos 1.250 tripulantes
Na mesma semana que se cumpre un ano do nacemento desta revista dixital de Letra en Obras queremos darvos as grazas polo apoio que nos dades tamén dende as redes sociais.

Sodes case 1.250 seareiros (exactamente 1.247, a día de hoxe) os que seguides o rumbo desta bitácora dende Facebook (938) e Twitter (309). Eis o maior capital desta pequena nave cargada de letras. Dende Letra en Obras aproveitamos este Día das Letras para desexarvos 365 días de palabras vizosas, libres e soñadoras

Se queres sumarte a este intercambio de información e ideas, aquí estamos:

Facebook  de Letra en Obras

Twitter de Letra en Obras

Somos o que lemos e lemos o que nos gusta
Un artigo de José Luís Sucasas

J.L. Sucasas

Moito tempo despois da ventureira compra do libriño de Márquez andaba eu aboiado pola rúa Xeneral Pardiñas de Santiago e ó pasar perante o escaparate da libraría Couceiro, os ollos fóronme dar nun libro de Galaxia. O autor era un tal Xesús Manuel López Valcárcel e o título As Grandes Carballeiras. Seguro que o tal Valcárcel xa tiña un nome na literatura galega, pero dende logo, na miña casa ninguén escoitara falar del. E logo por que me fixei nel? Márquez, Valcárcel…Hoxe penso que ó mellor as palabras graves con til prenden algunha sinapse na miña cachola desequilibrada. Puidera ser. O certo e seguro é que volvín revivir o desagradable formigo do inevitable, coma había vinte anos ou case, perante a libraría Aguirre de Lugo, atraído pola anguria de que puidese haber cans de cor azul. E igual ca daquela, o que lin debeume prestar e moito, pois despois viñeron outros, tamén de xente que nin me soaba: os Hóspedes do medo, de Anxo Franco, a Amante relixiosa de Carlos Laredo, o Agosto do 36 de Fernández Ferreiro, a Velocidade do frío de Manuel Seixas ou Agora cun ceo de lama de Paco Martín A estes seguíronlle outros de autores coma Riveiro Coello ou Xabier Alcalá, dos cales si tiña ouvido campás aínda que non soubera ben que demos repicaban. En pleno gurgullo lector, tiven a sorte de non levar ningún desgusto e así ir amasando abondas palabras para cando chegaran mal dadas, que coma en todo nesta vida algún día ían chegar.

E chegaron, xa volo dicía eu. Un día, un amigo filólogo de Noceda díxome que namentres non lese ó patriarca era coma se non lera nada. Penso que se me foi o santo á cabeza de Don Manuel. Aínda que non lle coñecía querenzas literarias, foi o primeiro patriarca que acudiu á memoria. Pero o amigo aclaroume que se refería a don Ramón Otero Pedraio. Como de letras sabía mais ca min e me puxo as cousas tan serias,  eu, que sempre fun ben mandado, fíxenlle caso e merquei Os Camiños da Vida. Seguro que o amigo mo fixo por ben e coas mellores intencións, mais os resultados foron un desastre. Tiven que mercar un dicionario máis grande, e como de cada o catro palabras unha tiña que ila buscar no dicionario, a lectura das páxinas eternizábase, e cando chegaba á última palabra se cadra tiña que volver á primeira porque perdera o fío da historia. E como precisaba ter o dicionario á man, non podía ler onde me dera a gana, xa que co que pesaba tampouco era cuestión de andar con el de aquí para aló. Un desastre, meus! Non digo que non aprendera novas palabras, supoño que si; mais eu quería outra cousa, eu quería ler unha historia e non un inventario de palabras. Así que non me preguntedes de que van os camiños de don Ramón, porque non o sei.

Como as desgrazas gustan unhas das outras, detrás desta veu outra, aínda que esta busqueina eu soíño. E sen botarme fóra do patriarcado: do patriarca morto pasei ó patriarca vivo: don Carlos Casares, daquela aínda vivo e con columna diaria na traseira do xornal La Voz. Linlle os Xoguetes para un tempo prohibido, Vento ferido, Ilustrísima e Deus sentado nun sillón azul. Vindo de gurrar co tesouro inaccesible de Pedraio, a prosa de Casares líase ás carreiras e non rascaba ó entrar. Eran ámbolos dous patriarcas, pero a noite e o día eran. E nin tanto nin tan pouco. Porque a prosa de Carlos entraba ben e baixaba mellor, mais tan lixeira era que tampouco deixaba pouso nas entrañas. Coma o café purrela ou o viño rebaixado. E digo isto con todo o respecto para os que festexan a escrita do ourensán, que os hai e a milleiros. Mais a literatura é cuestión de gustos. O meu corpo non dá un peso por centolas e percebes, e porén hai moita xente que abre a carteira de par en par por eles. Son mellores os percebes ca os tirabeques ou as cornellas? Non, son outra cousa.

Se as desgrazas nunca veñen soas, tamén é certo que non hai mal que cen anos dure nin corpo que o ature. Así que despois dos desenganos de Pedraio e Casares, chegou Xabier Quiroga co seu Atuado na braña e mandou parar. Nas brañas de Escairón había palabras e había conto.

Os libros toman seis días a Praza Maior de Lugo
Entre o 15 e o 20 de maio a capital luguesa acolle a súa XXX Feira do Libro. Todos os días laborais, de 12 a 14 horas e de 17.30 a 21 e fin de semana e festivos de 12-14.30 e de 17.30 a 21 horas, os libros serán os protagonistas na Praza Maior, corazón desta cidade.

Representantes institucionais na presentación das actividades que terá a feira

Como pasou na feira de Santiago que se celebrou recentemente, o número de casetas é inferior ao doutras citas. Aínda así, haberá os seguintes puntos de exposición ao público: Libraría Trama (Lugo); Gran Enciclopedia Galega; Librería Cartabón (Vigo); Libraría Tanxencias Cómic; Deputación Provincial; Biblioteca Pública; Libraría Souto (Lugo); Libraría El Faro de los Tres Mundos (Lugo); Librería La Voz de la Verdad (Lugo); 7 Mares Libros e Librería Aguirre (Lugo).

A comisión técnica estará conformada por Zurzo Patiño Pérez e Antonio Fernández Maira. A dirección da Feira do Libro recae nesta ocasión en Ana Isabel López Fandiño. Deixámosvos aquí o programa de actividades:

Día 15. Martes

11.30 Apertura da feira do libro.

18.30 Concerto dos alumnos da Escola Profesional de Música de Fingoi.

19.45 Inauguración oficial.

Actuación dos alumnos de gaita e percusión de Tradescola

Pregón inaugural a cargo do escritor lucense Antonio Reigosa

Nova actuación dos alumnos de Tradescola.

20.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 16. Mércores

18.00 Espectáculo a cargo das alumnas de grao profesional de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza.

18.30 Concerto dos alumnos da Escola Profesional de Música Cantarela de GALÉN.

19.00 Valentín Paz Andrade na feira de Lugo. Lectura de textos do autor a cargo de Marina Cillero, a escritora e profesora universitaria Carmen Blanco, a directora do Museo Provincial, Amelia Balseiro, e a xornalista radiofónica Tonina Gay. O acto estará coordinado por Ángeles Fernández Maira, xornalista de El Progreso.

20.00 Combo de jazz do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.

20.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 17. Xoves

12.30 Presentación dos libros de contos A comer, de Cristina F., cun obradoiro de letras galegas con masa de pan, para nenos de 3 a 10 anos.

18.00 Concerto dos alumnos da Escola de Música Aulos.

19.00 Presentación dos libros Os fillos do mar, de Pedro Feijóo e O misterioso Doutor Saa, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán, publicados por Edicións Xerais. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado Rodríguez, director xeral da editorial. Ao remate da presentación, os escritores asinarán exemplares dos seus libros.

20.30 Actuación da banda de grao elemental do Conservatorio Profesional de Música de Lugo

20.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 18. Venres

18.00 Concerto dos alumnos do Centro de Estudos Musicais Rossini.

19.00 A escritora María Luisa Prado Sarasúa asinará exemplares do libro La sombra del ámbar, publicado por KRK Ediciones.

20.00 Presentación do libro Hotel Cidade Sur, de Xerardo Quintiá, publicado por Editorial Galaxia.

20.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 19. Sábado

12.00 Gerónimo Stillton, o máis famoso rato detective da literatura infantil, estará na feira do libro de Lugo para asinar exemplares dos seus libros, publicados pola editorial Planeta.

13.00 Aprende a xogar ao milenario xogo do TANGRAM CHINO. Obradoiro realizado pola libraría El Faro de los Tres Mundos.

18.00 Concerto dos alumnos da escola de música Fábrica de Sons, de Lugo.

19.00 Presentación dos libros Medievalario, de Fran Zabaleta, e Mi padre comía botones, de Javier Sacha Full, editado por Redelibros. Participarán no acto os autores e un representante da editorial.

20.00 Segredos da novela histórica. Charla coloquio de autores de novela histórica, coa participación de Xosé Miranda (autor de Morning Star, Ed. Xerais) e Fran Zabaleta (autor de Medievalario, Redelibros).

20.45 Sorteo dun lote de libros.

Día 20. Domingo

12.30 Presentación da colección Cociña infantil e familiar, da editorial Ouvirmos, cos seguintes cursos de cociña para nenos:

Mañá, de 12.30 a 14.00 horas. Tarde: de 17.30 a 19 horas.

20.45 Sorteo dun lote de libros

21.00 Peche da Feira do Libro.

O día do teatro
Un artigo de Antonio Mira

Haberá un mes fun confrontado de modo alevoso polos dous bechos, cousa alarmante se temos en conta que rara é a vez na que se poñen de acordo.

El non has ir á manifestación do día do teatro? (este era, claro, o ácaro. Sempre lle dá por comezar as perguntas ao xeito do Cunqueiro). O becho da madeira asentía nun segundo plano, cos brazos cruzados sobre o peito, dando a entender que se podían rifar unha série de bofetadas e que eu coleccionaba boletos sen parar.

Día do teatro?, berrei alarmado. Pero que clase de dirixentes temos que deciden dar un día ao teatro como quen llo adica ás Forzas Armadas? Para que? Para que os teatreiros desfilen facendo monecadas mentres as autoridades fican nas gradas desmontables con xesto de contido orgullo: Eses son os nosos actores e actrices! Mira o chaval ese de Matalobos… parecía ben máis alto na tele.

Ti non es moi listo, non si? O becho da madeira sacoume da ensoñación de ver ao presidente engravatado e ás conselleiras de mantilla vendo desfilar tipos con zancos.

Mentres me obrigaban a saír da casa e pillar o tren para Compostela, fóronme informando dos últimos cristos montados: cancelacións e peches de teatros, expresións de repugnidade, destitucións e mil movidas máis. Eu, ademáis de por solidariedade con todas aquelas persoas que fan posible que haxa teatro e así ser feliz ou desgrazado, e por medo a levar un correctivo de dous bichos imaxinarios, ía ben contento a Compos. Xa sabedes da miña paixón polo viño en cunca e a tapa abondosa.

E alí estivemos os tres, rodeados de teatreirada, circensada e maxicallada cabreada, para facer o tour típico das manifestacións e dar remate na porta do Salón Teatro. Non teño memoria suficiente para contar aquí todo do que falaron (tanto os que tomaban a palabra como os que conversaban no corpo da manifa) pero quedáronme na cabeza dúas cousas: Os tres mil anos que leva o teatro choiando sen descanso (como apontou un petrucio Lino Braxe) e a necesidade vital da existencia de repunantiños (como dixo Carlos Callón) (por certo, habería que investigar se existe unha fábrica de  clones de Carlos Callón… non hai sitio no que non estexa!).

Deume daquela por imaxinar unha alba de groria dos repunantiños que foron, reunida entre o lusco e o fusco no teatro grego de Taormina aló na Sicilia. Seguro que as autoridades nosas, tan inconscientes, mandaban un conselleiro ou un secretario xeral para convidalas a instalarse no Teatro Mássimo ou na cidade da cultura. Quen vería a Shakespeare falando en confianza co funcionario cinzento (eu nestes casos imaxino sempre a Anxo Lorenzo… dáme o casting): «Mira… é que nós alí non nos amañamos, sabes? Está todo moi limpiño…» e sospirando un «manda carallo», na súa versión inglesa, mentres observa o coche oficial, fracasado, camiño de Palermo.

E mira unha cousiña… Agora era o turno do ácaro de me espertar das ensoñacións diurnas. Cal é a función  do CDG?

E por se non abondase con que a pergunta remoese tanto sen dar cunha resposta, resultou que o Abellá estaba pechado.

S*** E V********
Un artigo de Vidal.

Unha das razóns polas que levo 10 anos sen entregar nada nunha editora ten que ver con certa sensación embarazosa que remata por embargarme cando escribo.

Contaba Stephen King, anos antes de dar ó prelo A Milla Verde, que as súas tentativas de crear algo non pertencente ó xénero terrorífico fracasaban sen remedio. Arrincaba, ía indo, e de súpeto, pumba, aparecía un zombi e ó carallo todo.

Vese que el, sequera en parte, acadou rachar aquel seu maleficio. Eu non. Son incapaz de rematar unha novela ou un relato sen que me salte o valado algunha escena de sexo ou violencia (física ou non) explícitos. Non me refiro a excesos nin a sensacionalismos; non gustei da Biblia filmada de Mel Gibson, nin dos malandros que tiran coa pistola ladeada estilo late Hollywood, nin entendo por que Mario Casas é (disque) o Marlon Brando mesetario… Non. Falo de sexo e violencia coma algo cotián, apenas perceptible en moitos casos. Coma o que son: algo fortemente arraigado no xénero humano.

Vidal

E claro, en vista do que se publica aquí hoxe en día (do máis visible, polo menos), decontado me pregunto: Como cona entrego eu isto a un editor? Xa non digo nada de mandalo a un premio literario. Diso xa vos falei.

E é que antes, ata os anos 90 e sobre todo nesa década, aínda era posible atopar no que se viña publicando aquí algo de realismo neste sentido. En cambio, hoxe sería complicado que a Manuel Seixas lle premiaran en ningures a A velocidade do frío, ou que Cid Cabido dera colocado algo da súa narrativa cortante daquela época (da que logo renegou, paréceme), ou Aníbal Malvar os seus polares á galaica.

Tal maneira de entender isto das letras, daquela maioritaria ou como mínimo destacada, pasou ser, dun xeito non de todo comprensible, claramente marxinal. Un pouco coma o boxeo televisado, este resucitado gracias á TDT. Diríase que aquí e hoxe, a única expresión autorizada do sexo é a que se faga desde a corrección política (inclusive unha postura marcadamente feminista) e a da violencia, a que a amose como algo netamente criticable.

Tampouco podemos dicir que as expresións de sexo ou violencia (física ou non) exentas destas limitacións se comprendan. Lembro algunhas cousas que se dixeron xa no seu día sobre A balada do nudista caviloso. Daquela deume a impresión de que se interpretaba todo acto sexual ou violento (principalmente físico) explícito nunha narración coma algo desmesurado, fóra de lugar. Foi cando comecei a comprender que, desta finca, eu non era inquilino sequera dun metro cadrado. É unha das razóns do meu silencio editorial desde entón.

A impresión segue presente. Existe unha contradición moi obvia na ficción que toca un tema moi popular aquí, como é o da guerra civil española. Este tipo de obras adoitan centrarse no tema sentimental e na denuncia política. Sen embargo, e estrañamente, carecen de verdadeira crueza ou truculencia. Nesta omisión, ignórase un aspecto elemental dos conflitos armados: os impulsos que dan orixe ós actos habituais neles, e os propios actos adoitan representarse sen moita profundidade: mencionados, máis ca narrados. Pregúntome que concepto hai por aquí do que é unha guerra.

Coidar gratuíta toda expresión de sexo o violencia (física ou non) baleira da connotación moral (que semella ser a) desexada é un simplismo coma un Boing 747. Tal opinión revela un concepto máis ben fundamentalista e desde logo incompleto do que son ser e civilización humanas. Ou que, por equilibrio mental, non convén ver producións de Dreamworks máis de tres veces.

E onde está a nosa Massía literaria?
Un artigo de Ramón Vilar

Ramón Vilar

Dende que teño a Roi as miñas visitas ás librarías son diferentes. Antes podía botar tempo palpando novidades, lendo as lapelas, tardando en decidirme que libro mercar. Agora son máis fugaces e céntranse na sección infantil. Con el estou descubrindo un mundo de lecturas novas.

O rapaz aínda non ten os 20 meses pero, coma tantos outros do seu tempo, xa lle gusta que lle lean. Mellor dito, que lle falen dos debuxos que veñen nos libros. Pola casa ten un que lle mercamos cando aínda non tiña un ano e que está completamente esgazado polo uso: Ola, ola, la! de Mamá Cabra. O libro traía canda si un dvd con vídeos musicais. A Roi encántalle velos unha e mil veces.

En vista do éxito procurei mercar máis traballos parecidos (que tivesen o engadido dos vídeos musicais) a tarefa podo dicirlle, polo menos en galego, que non é doada. A miña sorpresa medra cando o libreiro me conta que ese tipo de libros ten demanda pero que hai pouca oferta. Non entendo nada: como podemos pensar en fortalecer o noso mercado interno, en soñar con levar a nosa literatura a outras latitudes se non somos quen de atender as necesidades dos novos lectores? Mentres tanto, a ver quen resiste o fútbol galáctico e o merchandising deses equipos foráneos que fichan a golpe de talonario.

Pornografía, de Lúpe Gómez: os poemas da «vergoña familiar» pasan a ser de culto
Caricatura de Lupe Gómez que fixo Ruth Caramés, de Tinta de Lura

Nuns tempos nos que case comeza a ser novidade a simple publicación de libros de poesía, hai que dar unha nova aínda máis rara: A da reedición dun poemario. Isto é o que acaba de facer Edicións Positivas con Pornografía, o primeiro libro autoeditara a poeta Lupe Gómez, aló contra finais do ano 1995 e que reeditara en 2005 a Editorial Compostela-Grupo Correo Gallego na colección Poeta en Compostela.

Lupe Gómez, que cando se editou por vez primeira Pornografía tiña 23 anos, provocou un pequeno tremor no panorama poético de mediados dos 90. Aquela estudante de Xornalismo, que viña dunha aldea de Curtis, atopou críticas por unha poesía botada para adiante. Ben anos despois (2007), o escritor e editor Fran Alonso contaba nun artigo na edición galega de El País os problemas que viviu daquela a poeta: “na súa casa, na aldea de Fisteus, concello de Curtis, sentíanse avergoñados de que a rapariga escribise un libro así. Agacharon todos os exemplares do libro e non lle falaron a ninguén do asunto.”

Nesta reedición en Positivas encárgase do limiar o tamén xornalista Fran P. Lorenzo. A súa presentación comeza así: «Se a literatura galega, a unha idade xa tan provecta e respeitábel como ten, levara unha axenda persoal, ou mesmo un diario, apuntaría á altura de 1995: “Por fin alguén berrou puta no meu seo! Quen é..? Nin a coñezo, chámase Lupe Gómez. E é de Fisteus, do confín das vacas…”. E máis abaixo: “Tenme sorprendida. Actúa coma unha nena pequena, si, pero coma esa cativa que deixa caír unha verdade dolorosa e suprema no medio dunha aborrecedora reunión de adultos. Ela abre a boca e de súpeto todo estala… Tamén en min…”

Deixámosvos como aperitivo un breve poema que se recolle neste libro:

ENFOQUE TEÓRICO

A muller é

un cristal

atravesado por

unha patria.

Espazo que lle dedican á autora na web Tinta de Lura, que utilizou un dos versos da poeta para unha das súas camisolas

Hai que roelo
Un artigo de Isabel G. Couso

Eu contaba cuns oito aniños. Se cadra máis. Aínda que tampouco podo descartar que fosen menos. As lembranzas da infancia, xa se sabe, mestúranse, dilúense, embarúllanse… até convertérense en apuntamentos á marxe da vida (adulta, enténdase) metade imaxinarias metade reais. O caso é que cada domingo, nunha sorte de hábito rutineiro daqueles días nos que folgar estaba permitido, meus pais, meu irmán e mais eu paseabamos de vagar por un porto de Galiza. Cada fin de semana, un diferente.

Percorremos naqueles días os peiraos de Cangas, Moaña, Marín… subiamos a Portonovo, ao Grove, Vilagarcía… Os máis pequenos e os máis grandes. So había un requerimento: que houbese barcos de baixura. Miña nai sempre formulaba algunha queixa por aquel entretemento dos domingos que, certamente, a quen divertía era a meu pai. Gostaba máis de pasear polas rúas das cidades, percorrer paseniñamente o que de interesante puideran ter aquelas vilas, parar un bocadiño a tomar un café… mais sempre pasabamos as horas entre barcos, nasas e salitre.

Embarcacións tradicionais de Bueu

O meu irmán e mais eu pronto partillamos aquela afección. Para entretérmonos tiñamos un barco preferido en cada porto. Ben me lembro do meu escollido. Levaba o moi televisivo nome de Trueno Azul e tiña base no peirao de Meira, en Moaña. Non sei se era pola súa feitura ou precisamente polo extraordinario do nome, mais non tiña igual en ningún outro porto.

Mentres nós debatiamos sobre os requisitos indispensábeis que tiñan de ter os pequenos barcos para estar á altura das nosas preferencias, o meu pai comparaba aparellos, estudaba a distancia entre as mallas dos miños ou as betas, confrontaba un e outro sistema de recollida das redes do mar… Tomaba notas, enfin, para aplicárllelas ao seu traballo diario, ao seu propio barco e xeito de vida.

De cando en vez, a viaxe do domingo levábanos a Cambados. A aquel porto fora parar, despois de pasar por varias mans, o Temporal. Foi o primeiro barco do que meu pai foi patrón e propietario.  Eu sempre gostei máis do nome que levaba cando o mercou, Hai que Roelo, e nunca entendín ese pracer estraño de citar o perigo tan á lixeira. Exemplos hai abondos. Durante minutos meu pai observaba aquela estrutura de madeira, mestura de recordos e satisfacción. Fomos alá até que o mandaron para o despece.

Non hai cultura máis auténtica que esta que, sen querelo, nos transmitiu meu pai. Dos coñecementos mariñeiros pouca conta podo dar eu (ese papel resérvollo ao meu irmán), mais o sentimento, o xeito de vivir, de afrontar a vida mesmo, a transmisión da tradición, do patrimonio cultural e mariñeiro… non ficaron sen descendencia. É mesmo esta cultura unha riqueza a conservar e propagar.

Vén isto a conto dunha iniciativa que en Bueu leva anos sen resposta. A recuperación do estaleiro tradicional, unha carpintería de ribeira que podería converterse na primeira en musealizarse de Galiza. Os atrancos no camiño foron moitos, dende o intento de derrube até o abandono no que hoxe está sumido. O meu modesto apoio dende estas letras en obras para un proxecto que podería enchouparnos, como meu pai fixo con nós, na sabedoría popular máis próxima á nosa esquecida cultura mariñeira.