medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

De onde xorde esta iniciativa?

É isto unha revista de crítica literaria?

Non, aínda que, se lle presta a algún colaborador, se puidera publicar nalgún momento algunha achega neste sentido. Pero este non é o obxectivo desta revista. Para atopar crítica literaria de calidade sobre literatura galega, nós recomendámosche o suplemento Protexta, de Tempos Novos.

É isto un guieiro das novidades nas librarías?

Non, ese non é o noso obxectivo. A prensa tradicional e a rede xa dan conta desa actualidade nos seus espazos. Nós recomendámosche visitar o soportal de literatura do Consello da Cultura – LG3, onde podes atopar a última hora dos libros saídos do forno das imprentas.

É isto unha tenda de libros?

Non, isto non é unha tenda. Na web da Federación Galega de Libreiros podes atopar un completo guieiro de librarías onde te atenderán e remexarán para ti na procura dos libros que che interesen. Ademais, na rede tes tamén unha tenda ben xeitosa: A Toupa.

É isto unha editorial?

Non, ou cando menos non ao uso. No país xa hai un amplo número de excelentes editoriais, podes consultar o guieiro na web da Asociación Galega de Editores.

Okeie, xa sei o que “non é” isto. E, entón… que diríades vos que é?

Somos un grupo de xente amante da lectura que pensa que nos caixóns hai gardados centos de excelentes relatos, libros e poemas que, moitas veces, non atopan canle de difusión nos carreiros tradicionais da industria cultural. Xa que logo, cumpría desbrozar un pequecho camiño por onde darlle saída a eses textos. Por outro lado, tamén sabemos que hai un feixe de autores novos, moitos avalados xa por premios literarios, outros cun primeiro libro nos andeis, que están a abrir vieiros novidosos para a literatura do país. Queremos saber de todos eles e do que fan, e gozar coa lectura das súas creacións. Desde esa idea comezamos o camiño.