medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below
Home » Archives by category » Portada

Primavera das Letras 2017: Carlos Casares en 200 mil novas sementes

A un mes do comezo oficial da primavera, a Real Academia Galega acaba de lanzar o proxecto co que dende o ano pasado apoia a celebración do 17 de maio en todos os centros de infantil e primaria do país: Primavera da Letras, unha iniciativa que fornece de material didáctico axeitado ao alumnado galego de […]

O escritor e xornalista Manuel Veiga Taboada reflexiona esta semana no portal literario Biosbardia sobre a situación actual da literatura galega. O autor non anda con panos quentes ao sinalar que as nosas letras están nunha situación crítica debido a ausencia (e perda) de lectores: “O público capacitado e favorábel a ler en galego desertou […]

Continue reading …

Malas novas para o libro galego na cidade da Coruña. Unha das librarías máis emblemáticas e comprometidas coa nosa literatura (a Couceiro  da Praza do Libro) vén de anunciar que en pouco máis de dous meses pechará as portas. A edición local de La Voz de Galicia recolle a nova e fai fincapé que con […]

Continue reading …

Cando se cumpren dez anos do lanzamento do seu primeiro disco (Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos),a banda Ataque Escampe, aproveita a semana de San Valentín para lanzar con non pouca retranca e acidez o seu último traballo: Primeiros bicos (na portada aparece unha escopeta de caza lista para cargar). Dende hai uns […]

Continue reading …

Esta fin de semana fallouse en Allariz a segunda edición do Premio Antón Risco de Literatura Fantástica. Nesta ocasión o gañador foi Fausto Cardoso, polo traballo Domir com Lisboa. O xurado composto por Antonio Manuel Fraga, César Lorenzo Gil, Elisa Torres, Isabel Cristina Mateus, Montse Pena Presas e Tomás González Ahola, decidiu tamén declarar finalistas […]

Continue reading …

A Deputación da Coruña anunciou este xoves a posta en marcha da que será a maior rede de difusión do cinema galego. Filmes como Arraianos (Eloi Enciso), Costa da Morte (Lois Patiño) ou Vikingland (Xurxo Chirro), que ata agora só chegaban a festivais internacionais e a público especializado poderán verse polos concellos da provincia grazas […]

Continue reading …

Aínda faltaban algúns anos para que o Prestige se afundise na historia de Galicia, pero entre 1996 e 1999 na Costa da Morte vivíase unha marea ben distinta á que viría despois. Un grupo de homes e mulleres inquietos e con moitas ganas de axitar o panorama cultural da zona fundaba o Batallón Literario da […]

Continue reading …

O escritor Marcos Lorenzo vén de publicar esta semana un artigo que daría para moitas discusións: Cal é o perímetro da cultura galega? Ou tamén: canta xente consome de xeito máis ou menos habitual produtos culturais? No texto que publica en Praza, Lorenzo aventúrase con cifras estimativas: entre 15 e 20 mil persoas. Este sería […]

Continue reading …

Este 2017, no que se celebra o 180 aniversario do seu nacemento, está a a ser un ano especialmente aéreo para a figura de Rosalía de Castro. Nas últimas horas confirmouse que Fomento está de acordo en que o aeroporto de Santiago sexa rebautizado co nome da nosa máis célebre escritora (tal e como propuxo […]

Continue reading …

O que empezou como un modesto premio de poesía, co paso dos anos converteuse nunha referencia para moitos autores e autoras que devecen por publicar as súas obras. O Concurso de Poesía Concello de Carral chega este ano á súa vixésima edición e celébrao cun vídeo que, ademais de lembrar o aniversario, convida a participar […]

Continue reading …
Page 1 of 54123Next ›Last »