medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O cinema galego sae do armario

cinema_1A Deputación da Coruña anunciou este xoves a posta en marcha da que será a maior rede de difusión do cinema galego. Filmes como Arraianos (Eloi Enciso), Costa da Morte (Lois Patiño) ou Vikingland (Xurxo Chirro), que ata agora só chegaban a festivais internacionais e a público especializado poderán verse polos concellos da provincia grazas a esta aposta de dinamización. No programa, que leva por título “Visións”, participan dezasete produtoras e distribuidoras do país.

Pero que títulos poderán escoller os gobernos locais para que se proxecten nos seus concellos? Entre outros, o catálogo da Deputación ofertará tamén Todos vós sodes capitáns e Mimosas de Oliver Laxe. De Ignacio Vilar ofértanse en Visións títulos como Pradolongo, A Esmorga e Vilamor e de Alfonso Zarauza obras como A viaxe dos Chévere, Os fenómenos e Encallados. Filmes de animación dirixidos especialmente ao público infantil como os dous d’ A Tropa de Trapo ou Maimiño distribuiranse en pantalla grande no novo circuíto da Deputación da Coruña.

Cada municipio poderá solicitar un máximo de oito proxeccións, das que, como mínimo, a metade deberán ser de produción propia galega. Os Concellos serán os encargados de cumprir coas necesidades técnicas precisas para  a proxección e tamén se encargarán de anunciar os filmes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + 9 =