medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Cal é a base de consumo da industria cultural galega? 20 mil persoas?

FeiraO escritor Marcos Lorenzo vén de publicar esta semana un artigo que daría para moitas discusións: Cal é o perímetro da cultura galega? Ou tamén: canta xente consome de xeito máis ou menos habitual produtos culturais? No texto que publica en Praza, Lorenzo aventúrase con cifras estimativas: entre 15 e 20 mil persoas. Este sería o número de persoas “consumidoras (maioritariamente mulleres) da cultura galega, é dicir, as lectoras dos libros, as espectadoras das obras de teatro, películas e series, as asistentes aos museos, as ouvintes da música ao vivo ou gravada, as subscritoras das revistas, etcétera.”

Mais aló das cifras concretas, no artigo, Marcos Lorenzo avoga por poñerse a traballar para aumentar ese público. Para iso habería que “redobrar a aposta pola cultura como eixe de desenvolvemento do país, xogar as nosas bazas con intelixencia e dotarse de políticas culturais con visión estratéxica, que nos conduzan a unha maior porosidade social e a unha maior proxección exterior. Hai que ensanchar o campo porque nolo están (e nolo estamos) achicando.”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 14