medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Mimosas, de Óliver Laxe

mimosas-oliver-laxeAínda tedes oportunidade de ver en pantalla grande o novo filme do galego Óliver Laxe, ‘Mimosas’, unha epopea de grande beleza visual e reflexiva que relata a historia dunha caravana que leva o patriarca moribundo deica o pobo onde naceu, e onde agarda encontrar o seu repouso final.

A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño. Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, bufón entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo. Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto, mais nun xiro quixotesco, Shakib fará que “as mulas voen” para atravesar as infranqueábeis montañas e transformar coa súa fe o destino da expedición.

Manuel Bragado, na súa bitácora Brétemas, escribiu:

“Laxe enfronta na narración dúas concepcións arredor de como entender o camiño (en realidade, a propia vida): unha, a dada pola fe relixiosa, a asumida, representada por Shakib; outra, a construída, a mítica, a de Ahmed e Said, que entre as súas vacilacións, medos e dúbidas, agardan poder atopar o seu destino”

Xabier P. Docampo, na súa bitácora persoal, escribiu:

“Pero hai máis, moito máis na película de Oliver Laxe, porque nos fala dos motivos das nosas accións, de todo o que nos une cos camiñantes desta travesía e da nosa relación con aquilo que temos como transcendente. A lectura do que vamos vendo incita a nosa capacidade de comprensión á procura da motivación dos personaxes, que se fai procura das nosas propias motivacións.”

O Teatro Principal abriralle as portas de novo este venres a Oliver Laxe, que visita Cineuropa para presentar Mimosas. O cineasta galego, premio Cineuropa 2010, volve ao festival despois de facerse co premio na Semana da Crítica do Festival de Cannes co seu último filme. Será ás 20:00 horas.
José Luis Losa, director de Cineuropa, define a película como unha “epopea, non sei se mística, pero en todo caso si reivindicativa dunha idea da fe que pode ir de Herzog a Tarkovski, de Ozu a Dreyer”. Oliver Laxe virá con Shakib Ben Omar, actor que tamén o acompañara na presentación de Todos vós sodes capitáns. Ámbolos dous falarán cos espectadores sobre as súas experiencias e a rodaxe de Mimosas.

O tráiler:

O filme colleitou o primeiro premio da Semana da Crítica no Festival de Cannes, e recibiu tamén recoñecementos en Sevilla 2016 (Premio Especial do Xurado, Mención Especial ao Mellor Son e Montaxe), e Cairo 2016 (Mellor Filme e Mellor Actor, Shakib Ben Omar)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 4