medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Dezaoito meses para un parto: ‘Cien años de soledad’

Con trinta e moitos anos, casado e con fillos, García Márquez decidiu pecharse durante dezaoito meses para escribir o que sería Cien años de soledad. Moitos anos despois, o escritor explicou nunha entrevista televisiva as penurias económicas que se viviron na súa casa durante aquel proceso creativo.

O próximo mes de maio vanse cumprir nada menos que cincuenta anos da publicación da novela que colocou ao colombiano entre os máis grandes narradores do século XX. Aquel libro mítico imprimiuse por vez primeira en Bos Aires (Editorial Sudamericana). Aquela primeira edición esgotouse en só dúas semanas, comezaba a andaina dun libro que neste medio século foi traducido a 35 idiomas e que goza do aplauso unánime de crítica e público.

Neste mes de xaneiro xa comezaron en Colombia e Arxentina os actos de celebración, así as bibliotecas nacionais dos dous países xa traballan de xeito coordinado na organización de actos: lecturas públicas, debates e exposicións, centrarán o calendarios de actividades nos vindeiros meses.

Mentres tanto, Cien años de soledad, como todas as grandes obras da literatura, segue conquistando novos lectores dende as súas primeiras liñas:

Muchos años después, frente al pelotón de fusilamiento, el coronel Aureliano Buendía había de recordar aquella tarde remota en que su padre lo llevó a conocer el hielo. Macondo era entonces una aldea de veinte casas de barro y cañabrava construidas a la orilla de un río de aguas diáfanas que se precipitaban por un lecho de piedras pulidas, blancas y enormes como huevos prehistóricos. El mundo era tan reciente, que muchas cosas carecían de nombre, y para mencionarlas había que señalarlas con el dedo (…)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 4 = 13