medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Xosé Antonio Formoso: “Se lles gusta escoitar, é máis doado que lles guste ler”

X.A. Formoso

X.A. Formoso

Seguimos repasando o proxecto “A lectura, unha chave de futuro”  nesta ocasión recuperamos a conversa con Xosé Antón Formoso Lado. Aínda que naceu en Muros, leva anos residindo en Caión, unha pequena vila mariñeira que marca a fronteira entre a costa bergantiñá e a coruñesa. Licenciado en Filoloxía Galega, é socio Fabaloba, unha cooperativa especializada na área cultural e que ten xa unha considerable experiencia en animación á lectura. Pero ademais do anterior, é pai dunha nena e dun neno. Cóntanos por escrito a experiencia del e da súa parella. Polo seu gran interese, decidimos reproducila textualmente.

“Non se nos ocorre nada especial así que máis ou menos imos contar a nosa experiencia cotiá, que non encerra grandes segredos.

Ter libros á man é básico, claro, pero tamén outros soportes nos que ler. Hai uns anos aínda era común identificar lectura e libro pero hoxe xa non ten escusa (sen que isto implique ningunha inclinación especial polas novas tecnoloxías). Estas ofrécennos outras posibilidades para ler e tamén múltiples ferramentas para vincular literatura e xogo, estou pensando en aplicación como Creappcuentos, Adobe Voice ou a gran cantidade de libros electrónicos ilustrados que permiten combinar a lectura coa escoita e co xogo.

Ter libros á man, diciamos, no noso caso están ademais esparexidos por calquera parte da casa, un pouco coma os xoguetes. Hai que ensinar a recoller e manter unha orde, si, pero non converter a biblioteca e a lectura nun lugar e un hábito serio e gris.

Outro comentario habitual é que a rapazada vai ler se os pais len. Iso axuda, evidentemente, mais, que pasa se os pais non len? Están condenados eses nenos a non ler? O hábito da lectura esixe un esforzo e pensamos que non é doado collelo de adulto, non poden daquela eses pais non lectores criar fillos aos que lles guste ler? Coñecemos casos que testemuñan que parellas escasamente lectoras  si son quen de facer que os cativos lean. Asesóranse en bibliotecas, librarías ou coas amizades e comparten cos fillos momentos de lectura que van afacendo os nenos a esta.

Sobre isto de lerlles aos nenos recordo unha advertencia que lin hai anos en Espantapájaros Taller, unha web creo que colombiana sobre animación á lectura, onde se falaba dun erro común que consistía en abandonar o hábito de lerlles aos nenos unha vez que estes xa eran lectores autónomos.

Nós seguimos lendo con eles (por agora só Tian é lector autónomo) e non só na “hora do conto” antes de ir durmir. Calquera momento é bo para se relaxar un momento cunha pequena historia. Ás veces non “lles lemos”, senón que “lemos canda eles”, (ou canda Tián xa que Sabela aínda non le ela soa). Quero dicir que nos poñemos xuntos cada quen a ler súa cousa.

Outra cousa que pode ser positiva é vincular aquilo que sae nos libros co momento e co espazo do xogo, por exemplo: facendo pequenas representacións dos contos nos que cada membro da familia interpreta un dos personaxes da historia; identificando tal paxaro que ves no bosque co que sae nun conto ou se estás sachando na leira contarlle a historia das fabas máxicas. Este día, por exemplo, estabamos a ler o volume da Historia da biblioteca básica dos Bolechas e a Sabela chamoulle a atención o do muíño de man, así que fomos á praia buscar uns seixos acaídos e despois estivemos estragando millo a esgalla. En fin, iso, vincular o xogo co que aparece nos libros.

Ademais do xogo, a propia conversa. Sempre lle oín aos vellos que era importante falarlle moito aos cativos, e velaí que nos libros tes moitos temas que poden dar para conversas moi interesantes. Iso lévanos tamén á importancia da literatura oral e a desenvolver o gusto pola palabra. Se lles gusta escoitar é máis doado que lles guste ler, que vén sendo o mesmo. Non podemos quedar só nos contos, tamén hai que ter en conta os libros de poesía infantil, os que poñen máis a importancia na música da palabra, (para iso son tamén boa ferramenta os libro discos, dos que hoxe afortunadamente temos algo de oferta). Tamén a palabra como xogo (as adiviñas, as rimas…)..”

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 5 = 14