medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Eli Ríos, premio Torrente Ballester: “Os martes e 13 pasan a ser o meu día favorito”

Eli Ríos. Foto: Castro Bal

Eli Ríos. Foto: Castro Bal

Así anunciaba Eli Ríos nas redes sociais o que lle acababa de acontecer. E non era para menos.  Acababa de saber que era a gañadora do Premio de Narrativa Torrente Ballester en Lingua Galega, o mellor dotado da nosa literatura (25.000 euros e publicación da obra). A súa novela ‘Luns’ conquistou un xurado que tivo que verse desbordado por unha participación histórica (máis de cen títulos a concurso).

Eli Ríos (Londres, 1976), que xa labrara un nome como poeta e  autora de literatura infantil e xuvenil, entra pola porta máis grande da narrativa para adultos e é consciente. Un par de horas despois de coñecerse o fallo, en Letra en Obras asaltámola ciberneticamente para recoller as súas primeiras impresións.

-Eli, como te sentes despois de recibir o maior premio da literatura galega?

-Agora mesmo estou desbordada de emoción. É a miña primeira novela de narrativa de adultos e supón unha enormísima responsabilidade. Ademais a é un texto moi complicado, unha aposta arriscada que teño que agradecerlle ao xurado porque é difícil que un texto de complexidade formal así chegue a finalista dun premio e máis aínda que o leve.

-De que trata ‘Luns’?

O texto centra a súa atención na vida diaria dunha muller de 37 anos, nai dunha nena e dun neno; cando se introduce un elemento novo, como é neste caso, un diagnóstico de cancro, toda a realidade sofre unha volta, que obriga volver analizar o existente; a dor, as relacións sociais ou amorosas…non acostuma ser un proceso sinxelo.E ela é quen nos conta a través das páxinas como se sente, como se quere sentir, como quere enfrontar os atrancos que sufrimos as nais como sostedoras do sistema de coidados.

-Es a gañadora dun premio que decidiu apostar pola literatura en lingua galega e converterse nun referente…

Este premio é fundamental porque hai unha Deputación, a da Coruña, que apostou por dignificar o traballo das autoras e, non só, senón que separou o premio de castelán e galego e triplicou a participación! Iso quere dicir que hai 101 novelas galegas escritas esperando ser publicadas. Isto é sempre un motivo de esperanza para o galego e tamén unha mensaxe para que as editoriais poñan as pilas.

-Como xorde o salto cara a narrativa para adultos?

Non hai salto, é un proceso normal para non esmorecer. Igual que non comes todos os días un chuletón no almorzo, comida e cea pois a literatura é o mesmo. Non saltei porque nun par de meses sae un poemario, simplemente alterno os xéneros.

-Como che vai cambiar a vida este premio?

O premio non cambia nada na vida dunha persoa. Vaime permitir tapar buratos, pero seguirei tentando sacar o seguinte texto e para iso hai que sentarse igualmente diante dunha folla en branco e o premio non che vai vir ditar nada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 13