medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Carballo: O urbanismo en letras e imaxes

15621871_680274902142237_6379172513110144992_nDurante décadas, Carballo foi  paradigma do desleixo  urbanístico: destrución do patrimonio arquitectónico, anarquía construtiva e escaso ou nulo interese nos espazos públicos. Aquela política do cemento e da uralita, especialmente intensa na década dos sesenta, setenta e mesmo oitenta, deixou feridas difíciles de cicatrizar. Nos últimos anos houbo unha aposta por mudar o rumbo urbanístico da capital de Bergantiños: humanización de prazas e rúas, pero tamén un debate sobre como mellorar moitas das desfeitas anteriores.

En todo isto hai que inserir o proxecto Derrubando Muros con Pintura. A iniciativa, impulsada en 2013 polo Concello, pretendía empregar a arte urbana para mellorar algúns dos espazos máis degradados da vila. Nestes tres anos, o resultado salta á vista. Artistas galegas e internacionais converteron Carballo nun museo ao aire libre e contribuíron decisivamente á rexeneración urbanística.

Nestas coordenadas nace o  libro Derrubando Muros. Unha obra que conxuga arte urbano, fotografía, literatura e xornalismo. Editado por Engaiolarte, a obra conta cun percorrido fotográfico de Xulio Gil polos murais da vila. Canda cada imaxe aparece o texto dunha escritora ou xornalista carballés. Poden ser textos de ficción ou pequenos ensaios. A evocación que ao autor lle provoca cada imaxe é o punto de partida. Así podemos atopar textos de Xurxo Chapela, Henrique  Mariño, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, Rosalía Fernández Rial, Ignacio Silva, Santi Pazos, Santi Garrido, Patricia Blanco, Farruco Graña e Belén Puñal.

O libro, que chega esta semana ás principais librarías do país, é un bo xeito de comprobar como a cultura contribúe a mellorar as nosas vilas e cidades, e tamén o noso día a día.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 14