medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

‘Izan o da saca’, ‘Cicatriz’ e ‘Irène’, gañadoras do Premio San Clemente

instituto-rosalia-premio-sanclementeAs obras de Xabier Quiroga, Sara Mesa e Pierre Lemaitre son galardoadas nesta 22 edición do prestixioso certame.

Á peneira de alumnado galego de ata catro institutos que, xunto aos mozos e mozas do centro organizador, o IES Rosalía de Castro de Santiago, elixen anualmente os seus libros favoritos a nivel galego, español e internacional, uníase nesta ocasión alumnado doutra media ducia de centros de todo o mundo, mozos e mozas de Alemaña, Reino Unido, Francia, Portugal, Estados Unidos e Rusia. Xunto ao instituto compostelán colaboraron nesta edición o IES De Ames; o IES Frei Martín Sarmiento, de Pontevedra; o IES O Couto, de Ourense; o IES A Pinguela, de Monforte de Lemos; o Hockerill College de Londres; o Saint François Xavier de Vannes; o Grimmelshausen Gymnasium de Frankfurt; o Napperville Central de Chicago; o Colegio Rosalía de Castro de Moscú e a Escola Secundaria de Santa Comba Dão, de Viseu.

Os convidados a seleccionar as mellores obras decidiron nesta ocasión que neste Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, entre os finalistas, na modalidade de novela en galego, o premio sexa para ‘Izan o da saca’, de Xabier Quiroga (eran tamén finalistas ‘Amor en alpargatas’, de Manuel Portas, e ‘As últimas galerías’, de Xosé María Álvarez Cáccamo). Na xustificación da súa decisión, o xurado mencionou a complexa estrutura, a profundidade dos personaxes e a capacidade de “enganchar” o lector que teñen as dúas historias paralelas que se relatan. Tamén o estímulo que para a lectura supuxeron as abondosas fontes de información que facían sentir os lectores que estaban sendo “investigadores”.

En castelán as preferencias do xurado converteron en gañadora a obra ‘Cicatriz’, de Sara Mesa, da que destacaron o atraente dunha historia sinxela de ler arredor de dúas figuras desiguais que se coñecen a través de internet.

Na categoría de novela en lingua estranxeira, ‘Irène’, de Pierre Lemaitre foi a vencedora. As escenas de sangue e detalles morbosos desta novela negra foron do gusto da mocidade lectora, que tamén salientou as características do personaxe protagonista, o comandante Verhoeven, protagonista de posteriores entregas de novelas de xénero de Lemaitre. Foron finalistas ‘Judas’, de Amos Oz, e ‘A lei do menor’, de Ian McEwan.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


9 + 1 =