medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Fran Alonso: a vida é un poema, ou un tuit. Quen dixo medo?

fran_alonso_2001Fran Alonso non é deses escritores que se moven dentro da liña morna do previsible, do suco xa aberto. O seu caso é máis ben o contrario: a cabeza non para. Xa o sabiamos dende que en 2001 publicou o seu libro Males de cabeza en internet. Un mes antes de que chegase ás librarías, o autor vigués decidiu dar a opción de descargar a obra de balde dende o xornal dixital Vieiros.

E, a pesar de que é xa unha referencia dentro da literatura galega actual, Fran Alonso non se acomoda e segue nesa senda da innovación permanente e da exploración. O seu último proxecto é Estado de Malestar, un libro de poemas que escribirá diariamente en twitter. Que hai detrás desta obra? El mesmo o explica: “Desde as latrinas da vida ao fulgor da lúa, Estado de Malestar é un berro de versos en Twitter escrito por Fran Alonso. Un poema ao día en estado de excepción”.

Segundo sabemos pola súa web, o autor aínda non ten moi claro o camiño polo que vai discorrer esta última aventura: “de feito, non sei se serei quen de publicar ese poetuit diario, non sei se serei quen de facelo e de facelo coa calidade necesaria, pero, en todo caso, vouno intentar”. O autor mostra a súa preocupación polo posible resultado, pero non renuncia ao proxecto: “se cadra vaille faltar unidade, ou solidez, ou homoxeneidade, pero en todo o caso paga a pena probar porque a literatura, sen arriscar, perde a súa esencia”.

Podes seguir aquí esta aventura:

Dende Letra en Obras desexámoslle a mellor das sortes a esta nova incursión literaria no espazo cibernético

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 8 = 13