medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

David Daniel Vázquez recolle o premio Neira Vilas de novela curta

fundacion-neira-vilasNo 88º aniversario do nacemento do escritor crucense.

O escritor e mestre ourensán David Daniel Vázquez Álvarez (Vilamartín de Valdeorras, Ourense; 1953) recibiu esta semana na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta, nun acto especialmente emotivo que o padroado desta entidade quixo facer coincidir co día do 88º aniversario do nacemento do escritor crucense, finado en 2015. O galardón, convocado no mes de setembro, está dotado con 1.000 euros e coa publicación da obra por Edicións Embora.

David Daniel Vázquez gañou o galardón coa obra titulada ‘Diario de Brian, o chinés’, un traballo no que o xurado valorou a capacidade de “transmitir un mundo de emocións gurgullante, protagonizado por adolescentes que deben enfrontarse a situacións problemáticas que mudan o rumbo dos seus días” e “a habelencia na arquitectura do relato, a calidade dos diálogos e a coidada caracterización dos personaxes que fan do texto unha historia apaixoante”.

Integraron o devandito xurado o presidente da fundación, Xosé Luís Reimóndez; os padroeiros Juan Andrés Fernández, Rosalía Morlán e Fernando Redondo Neira; e o investigador e crítico literario Armando Requeixo. O autor galardoado conta xa no seu haber con outras obras (‘O ruliño branco’, ‘Orballo da mañá’, ‘Na solaina’, ‘Améndoas e flores silvestres’, ‘Cafetería Alameda’ e ‘Ninguén nace antetempo’), premios (Premio de Poesía A Ouriceira, Certame de Relato Curto José Saramago) e publicacións.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez gabou na súa intervención “o esforzo e a implicación da fundación depositaria da obra e continuadora do legado neiraviliano” por seguir facendo da casa natal de Gres “o centro cultural que Neira Vilas e a súa dona, Anisia Miranda, soñaron e instituíron ao seu regreso a Galicia”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + 2 =