medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Este outono o Camões convídanos a viaxar as páxinas de Raduan Nassar

raduan-nassar-premio-camoes-2016Convertido nun clásico das letras portuguesas con só tres libros, o brasileiro recibiu o Premio Camões 2016.

A Biblioteca do Camões – Centro Cultural Português em Vigo será palco, de 10 a 31 de outubro de 2016, todas as segundas feiras, das 18h00 ás 19h30, de sesións de lectura da obra “Um Copo de Cólera” de Raduan Nassar – Prémio Camões 2016. A dinamizadora do Grupo de Lectura será Cátia Garrido, profesora de Língua Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.

Con só tres libros publicados e afastado da vida literaria dende hai tempo, o brasileiro Raduan Nassar non deixou de ser un escritor de culto con fieis e firmes defensores. O xurado do Prémio Camões salientou nesta ocasión que a través da ficción, o autor revela no universo da súa obra “a complexidade das relacións humanas en planos dificilmente accesibles a outros modos do discurso”. Así, e subliñando a extraordinaria calidade da súa linguaxe e a forza poética da súa prosa, o xurado reflexionaba sobre a capacidade de Raduan Nassar para debullar na relación entre as persoas aínda cando sexa “agreste e incómoda” e sen evitar tratar “temas considerados tabú”. O autor estivo de actualidade tamén este ano por ser elixido para a lista do Man Booker International Prize pola tradución inglesa precisamente de Um Copo de Cólera, unha lista onde tamén apareceu outro autor da lusofonía, o angolano José Eduardo Agualusa.

Será xa que logo, unha excelente oportunidade de achegarse á obra deste escritor grazas á actividade da Biblioteca do Camões en Vigo. E, fóra daquela cidade, convidamos os lectores a procurar a obra de Nassar en andeis de librarías e bibliotecas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + = 13