medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

De Cunqueiro a Ferrín, a longa espera polo Nobel

photo_phixr1A Academia Sueca desvelou hai unha semana o Premio Nobel 2016: Bob Dylan. Mais entre as múltiples candidaturas chegadas de todo o planeta, estaban as de  dúas figuras da literatura galega contemporánea: Luz Pozo Garza e Xosé Luís Méndez Ferrín. Ademais destes dous autores, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), tamén propuxera a Agustín Fernández Paz, candidatura que houbo que retirar debido ao seu pasamento.

O máis veterano candidato galego ao Nobel é Ferrín. Dende que en 1999 a AELG o propuxese por vez primeira, van aló 17 anos. Posteriormente, o Pen Clube de Galicia fixo o propio en reiteradas ocasións, a última este mesmo ano. Con 78 anos cumpridos, Xosé Luís Méndez Ferrín é para moitos o máis grande escritor galego vivo, cunha obra, en especial a narrativa breve, que está á altura dos máis destacados autores europeos da súa xeración. Os defensores desta tese sosteñen que o feito de escribir nunha lingua minorizada, sumado ao seu histórico compromiso político coa esquerda independentista, dificultan a posible elección.

O presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, recoñece que as posibilidades, a curto ou medio prazo, dun Nobel para a literatura do país son moi reducidas: “Nós estamos traballando para o futuro. Son importantes determinadas circunstancias históricas e tampouco hai que esquecer que somos unha literatura sen estado propio”. Aínda así, Sánchez Iglesias resalta a importancia de que sexa a propia Academia Sueca a que convida formalmente cada ano á asociación a que presente os seus candidatos e candidatas.

Puido ser Cunqueiro o primeiro premio Nobel da literatura galega?

Na segunda metade da década dos setenta, coincidindo coa transición española houbo dous nomes que soaron con certa forza como candidatos con opcións reais ao Noble: o catalán Salvador Espriu e o galego Álvaro Cunqueiro. Semellaba que o contexto político, cun estado saíndo unha longa ditadura, podía facilitar a escolla da Academia Sueca.

Mais nos últimos anos tamén houbo propostas de nomes fóra do curso oficial. Unha delas foi a que fixo en 2007 o escritor Santiago Jaureguizar. No seu blog Cabaret Voltaire, defendeu argumentos en prol de propoñer como candidato a Manuel Rivas. Segundo el, tería máis opcións reais que Ferrín: “Rivas ten obra traducida a unha chea de idiomas europeos, algo do que non pode presumirse no caso de Ferrín (entendo que pola natureza criptometafórica e microreferencial da súa escrita) e non nos sería difícil lograr ter a Rivas en sueco (recordo que é básico)”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 14