medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Celebra a liberdade de ler rillando nun libro prohibido

O reaxir de lectores estadounidenses diante das presións diversas contra determinadas lecturas.

libros-prohibidos‘Looking for Alaska’, de John Green, pola súa “lingua ofensiva, sexualmente explícita e inadecuado para certos grupos de idade”; ‘The curious incident of the dog in the night-time’, de Mark Haddon, “pola súa linguaxe ofensiva, punto de vista relixioso, ateísmo” e outras lerias; ‘Two boys kissing’, de David Levithan, polo seu tratamento da homosexualidade; ‘Beyond Magenta: Transgender Teens Speak Out’, de Susan Kuklin, por “anti-familia, linguaxe ofensiva, homosexualidade, educación sexual, visión política e relixiosa” e outras queixas variadas….

Son apenas catro exemplos do top-dez da lista que elaborou a Oficina para a Liberdade Intelectual (OIF), en Estados Unidos, ao fío dos informes e avisos recibidos desde bibliotecas, escolas, medios de comunicación e outros ámbitos sobre queixas e presións con diversas motivacións para prohibir libros en diferentes comunidades ao longo dese extenso país cheo de paradoxos. Os catro libros mencionados están entre os que en máis ocasións se intentou censurar en bibliotecas e escolas.

Diante desa situación, este colectivo está promovendo a “Semana dos Libros Prohibidos”, un evento anual que este mes acaba de finalizar na última semana de setembro, e a través do que convidan os lectores a reaccionar contra esas presións e ler e/ou defender algún deses libros prohibidos.

Ao fío, contámosvos que desde a Biblioteca Ánxel Casal, en Santiago de Compostela, baixo o título “Os libros prohibidos que amamos”, recuperan a lista dos libros tristemente famosos hai non moitos meses pola teima do alcalde de Venecia de suprimilos do programa de lectura “Ler sen estereotipos” que se levaba a cabo nas escolas municipais daquela cidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + 2 =