medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A Livraria Lello e a Fundação Saramago promoven premio ao mellor documental en galego no DocLisboa

As dúas entidades promoven este premio anual no certame que en 2016 terá lugar entre o 209 e o 30 de outubro.

livraria-lello“José Saramago, único Premio Nobel de literatura en lingua portuguesa, foi un humanista que nunca abdicou do seu papel de intervención no mundo como cidadán e creador, recoñecendo e defendendo para todas as artes un papel transformador. Nese sentido, o cinema documental ten unha forza de denuncia capaz de facer ver as deficiencias da sociedade e de apuntar novos camiños de convivencia social”. Así o apuntan desde a Fundação José Saramago na presentación deste novo galardón.

Este Prémio José Saramago, establecido co obxectivo de recoñecer o mellor documental “falado maioritariamente en lingua portuguesa, galega ou crioulo de orixe portuguesa”, é promovido conxuntamente pola Livraria Lello e a Fundação José Saramago no DocLisboa a partir desta edición do festival. Terá un valor de 5.000 euros.

O DocLisboa é un festival de prestixio que, en palabras dos seus organizadores “pretende cuestionar o presente do cinema, en diálogo co seu pasado e asumindo o cinema como un modo de liberdade (…) na procura de novas problemáticas presentes na imaxe cinematográfica, nas súas múltiples formas de implicación no contemporáneo”. A edición 2016 terá lugar entre o 20 e o 30 do mes de outubro e o programa está xa dispoñible na súa web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 3