medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

V Convocatoria de Proxectos Escolares da Fundación Barrié

fundacion-barriePrazo aberto ata o 6 de outubro.

Co fin de estimular, recoñecer e apoiar o labor do profesorado, a Fundación Barrié propón unha convocatoria anual de proxectos escolares á que se poderán presentar iniciativas promovidas polo profesorado que se levarán a cabo nos centros educativos de Galicia.

A convocatoria apoia a realización de proxectos educativos innovadores relacionados coas áreas de actividade da Fundación Barrié: Educación, Ciencia, Patrimonio e Cultura e Acción Social.

As propostas deberán axustarse aos contidos curriculares vixentes nas ensinanzas preuniversitarias e ser susceptibles de se aplicaren polo profesorado, o alumnado e as familias.

A Fundación Barrié seleccionará un máximo de cinco proxectos escolares relacionados coas súas áreas de actuación:

Patrimonio e Cultura
Educación
Ciencia
Acción Social

Un dos principais obxectivos da convocatoria é apoiar a súa realización cos recursos necesarios e difundir os seus resultados a través da web da Fundación Barrié a toda a comunidade educativa.

A convocatoria está dirixida a todos os centros de ensino preuniversitario de Galicia, desde o período 0-3 anos ata Bacharelato e ciclos formativos, incluídos os de educación especial.

Os proxectos escolares seleccionados deberán desenvolverse durante o curso escolar 2016-2017.

Modalidades de participación

Modalidade 1: Proxecto Centro: centros de ensino de carácter público, concertado ou privado de Galicia con proxectos elaborados por un equipo de profesores de dous ou máis departamentos didácticos nun centro educativo e que conten coa colaboración do alumnado.
Modalidade 2: Proxecto Intercentros: centros de ensino de carácter público, concertado ou privado de Galicia con proxectos elaborados por un equipo de profesores de dous ou máis departamentos didácticos en varios centros educativos e que conten coa colaboración do alumnado.
Modalidade 3: Proxecto Colaborativo: centros educativos en colaboración con entidades educativas sen ánimo de lucro, como asociacións culturais, asociacións de pais e nais, etc.

Bases e formularios de inscrición

Powered by WPeMatico