medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Que len os que len?

A media de interese na lectura é en Galicia dun 5,9 sobre 10, un chisco por baixo da media estatal, un 6,3.

lampada-lecturaA valoración media do grao de interese pola asistencia a bibliotecas, 2,2, está tamén algo por baixo da media estatal, que é do 2,7. Son datos da última ‘Enquisa de Hábitos e Prácticas Culturais’ do Ministerio de Educación y Cultura. A cidadanía galega só amosa maior interese que a media estatal no referido á lectura de xornais (6,0 fronte ao 5,5 estatal) e revistas (4,5 fronte ao 4,4 estatal), achándose por baixo da media no que se refire á lectura de libros relacionados coa profesión ou estudos (4,3 atrás do estatal do 4,5) e de libros non relacionados con profesión e estudos (5,5 atrás da media estatal de 5,8).

Esa valoración ten a súa correlación no caso galego cos índices de lectura de prensa diaria de información xeral, que chegan ao 83,0% (a media estatal é do 74,9%), sendo cuartos na táboa autonómica só por tras de Navarra, Asturias e Euskadi. A cidadanía que afirma ter lido prensa deportiva queda no 35,9% (media estatal: 38,9) e din que leron revistas culturais o 29,2% (media estatal do 31,9).

Respecto ás temáticas cando se trata de libros, non dispoñemos de datos debullados para o caso galego, polo que temos que acudir á estatística común estatal. Un 92,5% dos lectores afirman que leron creación literaria, sendo polo miúdo: un 6,7% lecturas na categoría de infantil/xuvenil, un 2,7% banda deseñada, un 8,8% biografías, un 1,7% teatro, un 3,7% poesía e un 86,3% novela. Peneirando o caso da novela, sáenos que un 24,7% leron novela clásica e un 75,3 novela contemporánea. E segundo temáticas, temos á cabeza a historia (30,9%) seguido do xénero de aventuras (20%), o xénero “romántico” (12,9%) e a novela policíaca (10,9%). Por outra banda, no caso de libros de non ficción, o xénero preferido é con moita diferencia a Historia (21,4%).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 6