medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Primeiro número de Cómaros, Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego

comarosTerá unha edición exclusivamente electrónica, en galego e de periodicidade anual.

“Cómaros é unha revista fundada no 2016 por un colectivo de investigadores galegos. A nosa intención é por en marcha unha ferramenta que sexa unha canle de implementación do pensamento galego dende unha perspectiva interdisciplinar. Cómaros síntese parte do espírito que trouxo consigo as Irmandades da Fala, da Xeración Nós, do Clube Nacionalista alén Nós e incluso do Movemento Niké”.

Así se presenta a publicación. Artigos e ensaios arredor de temáticas relacionadas con Galicia nos ámbitos da filosofía, a socioloxía, a historia, a xeografía e outras áreas, conectando o pensamento e as realidades de Galicia co pensamento e realidades internacionais, enriquecerán anualmente cada número da revista Cómaros, que está de estrea este ano.

O número de estrea inclúe dous artigos científicos: ‘Principiando unha epistemoloxía galega con rostro socio-cultural. Camiñando con Otero Pedrayo, Manuel María e outros autores actuais’, de Juan R. Coca e ‘Galeguismo e catolicismo. Vicente Risco en Euskadi (1930-1933), de Joaquim Ventura Ruíz.

Ademais, desta volta podemos ler tamén as achegas tituladas ‘Os meus dous mares’, de Leonardo Da Jandra; ‘Comprender ao outro dende a paisaxe e o territorio. Un achegamento desde o pensamento de Leonardo da Jandra’, por Milton Aragon e “Reflexións ao carón dun eu lírico en proceso de descomposición expresado dun xeito oteriano’, de Francisco José Francisco Carrera

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 4 =