medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O inicio do curso 2016/2017 en cifras

aula_2Máis de 200 mil escolares de educación infantil, primaria e especial chegan ás aulas esta semana.

De xeito concreto serán 200.783 nenas e nenos os que inicien curso este luns.

En Educación Infantil haberá este curso en Galicia un total de 62.213 nenos e nenas (43.653 en centros públicos, 17.482 en escolas concertadas e 1.078 en centros privados). Isto supón un descenso nas cifras de alumnado do 2,3% respecto ao curso anterior.

Na Educación Primaria chegan ás aulas un total de 137.229 nenas e nenos (96.715 a escolas públicas, 37.783 a escolas privadas concertadas e 2.731 a centros privados non concertados). Neste caso, a cifra é un 0,8% maior ca no curso anterior.

E na Educación Especial, haberá 1.341 nenas e nenos matriculados (640 en centros públicos e 701 en centros privados concertados). Isto supón un 1,5% menos respecto ao curso anterior.

Por outro lado, haberá nas aulas este curso un total de 30.269 docentes. (Segundo informan desde a consellería, estas cifras son estimativas xa que non inclúen contratacións de interinos e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de curso)

E por último, respecto ás prazas de comedor escolar: un total de 72.631 (con 12.112 xestionadas por ANPAS e concellos). E no que lle toca ao transporte escolar, prestará servizo a 94.240 alumnas e alumnos de 784 centros públicos, a través de 3.846 rutas.

Powered by WPeMatico