medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

O Fetega premia ‘Ensaio sobre a cegueira’ e a Pepa Barreiro e Mundo Villalustre

ensaio-sobre-a-cegueira-sarabela-teatroTamén concedeu o premio de honra á traxectoria de Antonio Durán Morris.

Unha epidemia súbita causa aos habitantes dunha cidade sen nome unha cegueira branca, descoñecida, que se expande de maneira fulminante polo país. Internados en corentena ou perdidos na cidade, os personaxes viven con intensidade o amor, o odio, a crueldade, a indiferenza e o medo… Lembrarán esta sinopse os que teñan visitado as páxinas da intensa obra de José Saramago.

Un texto, ‘Ensaio sobre a cegueira’, que agora podemos revisitar nos escenarios, da man de Sarabela Teatro. A obra, adaptada e dirixida por Ánxeles Cuña, e co traballo actoral de Jorge Casas, Elena Seijo, Sabela Gago, Xavier Estévez, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Josito Porto, Fina Calleja e Vicente Montoto, mereceu o premio do xurado na recentemente clausurada XXVII edición do Festival de Teatro Galego (Fetega), no Carballiño.

(2015) ENSAIO SOBRE A CEGUEIRA from Sarabela Teatro on Vimeo.

Tamén premiados Pepa Barreiro e Mundo Villalustre

Por outro lado, a gala do Fetega, conducida pola actriz María Costas, abrira coa entrega do premio a mellor actor para Mundo Villalustre, polo seu papel en ‘Nosa señora das nubes’. Esta obra, de Teatro do Morcego, conta o encontro de dous personaxes expatriados, Óscar e Bruna, nun espazo e nun tempo indeterminado. Por medio de recordos confusos e memorias fragmentadas buscan recuperar as historias vividas na súa patria, a lonxana Nosa Señora das Nubes, unha vila que só existe na memoria dos expatriados. O texto poético e cheo de humor fai reflexionar sobre as ditaduras, as guerras, o exilio e o desarraigo.

Doutra banda, o galardón a mellor actriz foi para Pepa Barreiro, por ‘Unhas poucas picadelas’, de Teatro de Ningures, obra que trata o tema da violencia de xénero, convidando á reflexión sobre eses milleiros de historias, reais e anónimas, de violencia machista, que acaban en asasinato e tamén todas as que, sen morte física, acaban aniquilando vidas, afondando con intelixencia na existencia na sociedade de actitudes diversas que seguen amparando eses comportamentos violentos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + 6 =