medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Festival Internacional Fólio: Óbidos e a utopía das Letras

cmo_folio2015_1Un pequeno municipio, con pouco máis de 11 mil habitantes, é este mes a capital literaria das letras portuguesas. Óbidos, unha vila histórica a 240 quilómetros ao sur de Oporto e a apenas cen ao norte de Lisboa, acolle a segunda edición do Festival Internacional de Literatura Fólio.  Baixo o tema xenérico da Utopía (unha homenaxe aos 500 anos da obra de Tomás Moro), o evento tamén xira arredor doutras efemérides que estarán moi presentes: o centenario do nacemento de Vergílio Ferreiro, os cincocentos anos da morte do pintor Hyeronymus Bosch; e os catrocentos anos da norte de Shakespeare e Cervantes. A isto súmase o trixésimo aniversario da Rede de Leitura Pública de Portugal e o vixésimo da de bibliotecas escolares.

Polas terras de Leiría pasarán, entre moitos outros, autores coma Naipaul, Salman Rusdie, Yara Kono, Jon Kalman Stefánsson ou Jutta Bauer.

Podes consultar aquí o programa completo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 10