medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

En setembro, O Carballiño convértese na capital do teatro

Do 6 ao 9 de setembro no Carballiño, representacións, conferencias, obradoiros e animación.

O Festival de Teatro Galego, FETEGA, chega este ano a súa XXVII edición , sendo o festival máis antigo en Galicia e convertido nun referente da cultura e do teatro galego. “O FETEGA quere seguir crecendo, quere levar a nosa cultura, as nosas tradicións e en definitiva, o noso teatro, ata o maior número de persoas posibles”, explica a directora do FETEGA, Josi Lage.

Programación de luxo

Nesta edición, o festival conta con espectáculos das mellores compañías galegas así coma con actores de recoñecido prestixio a nivel galego e estatal. As representacións levaránse a cabo no anfiteatro exterior da localidade e no Auditorio Municipal.

fetega-festival-teatro-galegoAs obras que se farán no anfiteatro serán as 20:00 horas e son: “Encontros” de Pistacatro Productora de Soños que abrirá a xornada o martes día 6, “Ghiriso: The king of the circus” da compañía Desastronauts que fará as delicias do público o mércores día 7, “Trasno” de Pistacatro Productora de Soños o xoves día 7, e por último, pecha as actuacións no “UP2DOWN” da compañía Traspediante.

Por outro lado, no Auditorio Municipal as representacións serán as 22:30h e nesta ocasión o festival aposta por unhas obras de luxo: O martes 6 o FETEGA arrinca no auditorio por tódolo alto, cunha obra con 7 nominacións aos premios María Casares “Ensaio sobre a cegueira”, da compañía Sarabela Teatro. Continúa o mércores 7, alzando a voz contra a violencia de xénero, coa obra “Unhas poucas picadelas” da compañía Teatro de Ningures. O xoves 8 chega o Audiotrio a recoñecida compañía Teatro do Morcego, que representará a obra “Nosa señora das nubes”. E por último, pecha o FETEGA, o venres 9 “Monólogo do imbécil”, da compañía Eme2 seguida da Gala de entrega de premios, que nesta ocasión, conta para presentala coa destacada e recoñecida actriz, Isabel Blanco.

Premios FETEGA

Os premios FETEGA, coma ven sendo habitual, recoñecerán os seguintes galardóns:
Mellor actor (outorgado por un xurado composto por 3 membros de recoñecido prestixio e vencellado as artes escénicas galegas)
Mellor actriz (outorgado por un xurado composto por 3 membros de recoñecido prestixio e vencellado as artes escénicas galegas)
Mellor espectáculo (escollido polo público)
Premio honra/traxectoria (outorgado pola organización e consensuado co xurado do evento)

Actividades paralelas

Para a presente edición do FETEGA, programáronse, coma en anos anteriores, as seguintes actividades: Conferencia sobre “O papel da muller no teatro”, o luns día 5. Obradoiros e Teatro na Rúa, en horario de mañá e tarde, dende o martes 6 ata o venres 9, e que terán como obxectivo facer partícipes das artes escénicas a toda a familia.

Trátase de achegar o arte da interpretación ao público e fácelo partícipe da gran riqueza cultural que representa. Nesta ocasión, ademáis, o teatro na rúa trae como novidade: “Autobús Clown”, un espectáculo creado en exclusiva para o festival. Pero o Festival de Teatro Galego non quere limitar as accións aos días de celebración do festival, polo que ao longo do ano realiza actividades que, atendendo aos criterios da organización, poidan ser de interese para o seu público. Así por exemplo, no pasado mes de novembro, e dentro da programación da anterior edición do Festival, celebrouse unha MasterClass no Auditorio Municipal, impartida por Etelvino Vázquez. O curso dirixiuse tanto a actores profesionais galegos como a amateurs que desexasen mellorar as súas habilidades escénicas. Dentro de esta nova edición, organizaranse dúas masterclasses ao longo do 2016, unha impartida por Xan Cejudo sobre “Ligazón” de Valle Inclán (co apoio de AISGE) e outra a cargo, do xa veterán, Etelvino Vázquez “Interpretar a Lorca”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 4