medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Dez regras básicas para a lectura en familia

Dende este mes podedes descargar de balde A lectura, unha chave de futuro.  A guía, editada por Letra en Obras, Botóns e a Xunta de Galicia, dixital está pensada para facilitar a animación da lectura no ámbito familiar. Deixámosvos dez principios reitores que recollemos no manual e que contribuirán a crear os bos lectores e lectoras do futuro:

  • O noso exemplo

Os adultos somos un espello para os nenos cos que nos relacionamos. Que vexan que temos unha relación constante e pracenteira cos libros é algo que os animará a se achegaren a eles.

  • Escoitar e dialogar

baby-718146_960_720Dende que comezan a falar con certa fluidez, os pequechos teñen curiosidade, queren coñecer e transmitir á súa vez os seus pensamentos e emocións. Necesitan tempo e, sobre todo, calidade do mesmo (diálogo, atención…). É importante escoitalos e ensinarlles que moitas respostas ás súas preguntas están gardadas en libros.

  • Compartir

Compartamos libros e lecturas con eles: lermos contos xuntos e recordar a importancia dos volumes como obxecto (lembra que incluso hai formatos apropiados para os bebés)

  • Propoñer, nunca impoñer

A lectura nunca se pode converter nunha obriga. Queremos formar futuros lectores, que o sexan toda a vida, para iso é transcendental espertarlles o interese e buscar a súa complicidade.

  • Acompañar nos primeiros tramos do camiño

kid-1540849_960_720Habitualmente, nas casas preocupámonos máis do momento no que os nenos comezan a ler que das etapas posteriores. Hai que estar atentos á súa evolución como lectores, convidalos a que nos conten a súa experiencia e axudarlles cando o precisen.

  • A constancia

Fomentar o gusto pola lectura non é cuestión de días, nin de semanas, nin de meses. A educación é un acompañamento do neno dende os primeiros anos ata que, superada a adolescencia, é xa un adulto pleno. Reservemos a diario un pequeno espazo para ler.

  • O respecto

Cada un de nós ten gustos literarios moi diversos e gústanos ler en diferentes momentos e situacións. Teñamos en conta que isto tamén é aplicable aos pequenos. Por iso é fundamental coñecer os seus gustos e, aínda que poidamos propoñerlle outras lecturas, tamén saber respectalos.

  • As bibliotecas e as librarías son aliadas

books-1617327_960_720É importante visitar con regularidade lugares onde os libros son protagonistas, como é o caso das bibliotecas ou das librarías. Facerse usuario da biblioteca máis próxima ou acudir unha vez ao mes a unha libraría para saber das novidades editoriais (sobre todo as destinadas á súa idade) supón un gran reforzo. Lembra que nestes espazos a miúdo se programan actividades de animación.

  • Estimular, recompensar

Ao igual que nós, en cada momento os pequenos teñen as súas inquedanzas. Hai veces que estarán interesados en coñecer o universo, en saber máis de como se vivía antigamente ou sobre un deporte en concreto. Podemos sorprendelos cun libro relacionado coa súas curiosidade. Non ten porque ser soamente comprando o exemplar, tamén podemos pedilo emprestado na biblioteca.

  • Organización

A planificación axuda na tarefa de fomentar o pracer pola lectura. É moi pedagóxico que dende moi cativos teñan a súa propia biblioteca persoal. Un neno ou nena de tres anos pode e debe ter un espazo para os seus primeiros libros e tamén é importante que aprenda a telos recollidos. Segundo vaian medrando, e a súa biblioteca vaia aumentando, podemos ensinarlles a organizalos por determinados criterios (autores, temáticas…)

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + 3 =