medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Como introducir as crianzas no mundo dos libros? A lectura, unha chave de futuro

chave227Case ningún pai ou nai discute que o hábito lector é bo para o futuro dos seus pequechos, mais sabemos como incentivalo? A esta e a outras preguntas intenta responder a guía dixital A lectura, unha chave de futuro, un proxecto de Letra en Obras, o portal educativo Botóns e da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

A guía, presentouse este venres na Sala Infantil da Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago, coa presenza do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal. O responsable autonómico de Cultura, Anxo Lorenzo, sinalou na presentación que o manual “pretende animar á lectura e concienciar as persoas responsables de educar os máis pequenos da importancia do hábito lector, para o que presenta ferramentas de utilidade coas que inculcarlles a lectura aos cativos”.

O recurso, xa dispoñible para a súa consulta e descarga, está dividido en dez apartados nos que se describe a importancia do hábito lector para o futuro das crianzas, os primeiros pasos na animación á lectura, o tipo de libros máis axeitados para cada idade, regras básicas para a lectura en familia, o papel das librarías e bibliotecas ou propostas de actividades para facer na casa cos pequechos.

A guía está dividida en dez apartados nos que se describe a importancia do hábito lector para o futuro das crianzas, os primeiros pasos na animación á lectura, o tipo de libros máis axeitados para cada idade, regras básicas para a lectura en familia, o papel das librarías e bibliotecas ou propostas de actividades para facer na casa cos pequechos.

Un dos bloques máis destacados do traballo é o que leva por título “Compartindo experiencias”. No mesmo diferentes pais e nais, escritoras, profesores ou libreiras contan a súa experiencia e dan algunhas claves para o día a día na animación á lectura. Algunhas destas entrevistas poden tamén están accesibles na web.

portrayal-89193_960_720Guía de narrativa para prelectores e primeiros lectores

Tamén na mesma comparecencia diante dos medios a Secretaría Xeral de Cultura presentou a Guía de narrativa para prelectores e primeiros lectores, coeditada por ELOS-Galicia, baixo a coordinación da profesora da USC Blanca-Ana Roig Rechou, ofrece unha selección das obras deste xénero máis relevantes da literatura infantil e xuvenil galega, co fin de facilitar e acompañar a tarefa do mediador na selección de textos e na planificación da educación literaria.

Cada un dos títulos, da autoría de Fina Casalderrey, Carlos Casares, Agustín Fernández Paz, Xoán Babarro e Ana María Fernández, e Paula Carballeira, acompáñase de información sobre o contexto das obras e os escritores, xunto cunha serie de actividades para traballar cos textos elixidos en diferentes espazos formativos e lúdicos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 2 =