medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Bueu acolle o Festival Internacional de Curtametraxes

De 10 a 18 de setembro. Serán 60 obras chegadas de 23 países.

Organizado polo Cineclub Bueu, o FICBueu chega a súa novena edición co obxectivo de servir de plataforma de difusión ás creacións cinematográficas de menor duración e facilitar así o acceso do público á selección de fitas de diversos xéneros e estilos realizada polo Festival entre os máis de 1.500 títulos recibidos de preto de cen países.

ficbueu-mamans-francia-maimouna-doucureHai programados media ducia de filmes elaborados por creadores galegos ou de produción galega: ‘Eco’, de Xacio Baño; ‘Disney’, de Jorge Saavedra; ‘Monstruo’, de David Rodríguez Muñiz, ‘Fres-Boi’, de Paloma Canonica e Cristina Vilches; ‘The Walker’, de Adán Aliaga; e ‘Lurna’, de Nani Matos.

Os países máis representados nesta edición do FICBueu son Francia, España, Estados Unidos e Reino Unido, aínda que tamén se recibiron títulos desde Nova Zelanda, Irlanda, Paraguay ou Palestina, entre outras procedencias. Na sección oficial, para a que se introduce a venda de localidades, concorren 20 pezas, ademais das seis encadradas na sección Galicia, que entran tamén na competición polos galardóns do festival. O resto das curtas agrúpanse nos apartados de Comedia, Animación, Iberoamérica e Panorama.

Actividades alén da pantalla

Ademais da carteleira de proxeccións, na que tamén están programadas sesións específicas para escolares, o FICBueu ofrecerá unha conferencia sobre Stanley Kubrick, un relatorio sobre a distribución de curtas, unha masterclass centrada na gravación con cámara reflex, un obradoiro de curtametraxes e un encontro co actor Celso Bugallo. O programa complétase con outras accións para a dinamización do pobo, tales como a ruta gastronómica ‘Tapas 5 Estrelas’, un percorrido guiado polo sendeiro do litoral que leva a Cabo Udra e un paseo pola ría a bordo dunha embarcación tradicional.

Todos os pases terán lugar no Centro Social de Bueu. O mesmo espazo acollerá este venres a inauguración oficial do festival cunha conferencia sobre os inicios do cinema galego a cargo do catedrático José Luis Castro de Paz e a proxección de Miss Ledyia’, considerada a primeira película de ficción galega restaurada recentemente polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + = 4