medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Lanzan á rede o primeiro booktráiler galego de realidade virtual

BooktrailerGaleriadesaldosO libro de relatos Galería de saldos (Edicións Xerais, 2016), de Diego Giráldez, trae canda si unha novidade: o primeiro booktráiler galego. O traballo está dirixido por Antón Veigo e realizado por Mon Moares. O vídeo é un paseo virtual que emprega a técnica dos 360 graos, o que facilita a inmersión do espectador no relato. En pantallas, o espectador poderá mover a visión co rato ou utilizando o dedo en soportes táctiles. Pero en teléfonos de última xeración é onde o proxecto toma un novo pulo, permitindo a inmersión total a través do headtracking e os elementos de posicionamiento espacial dos terminais. A combinación con soportes que convertan os teléfonos en cascos de realidade virtual é o último paso na experiencia de visitar esta galería virtual.

Galería de saldos é o primeiro traballo literario do xornalista Diego Giráldez, recentemente distinguido co prestixioso premio Manuel Murguía. O libro é “unha “colección” de relatos curtos nos que personaxes moi apegados a actualidade se mesturan con obras de arte orixinais ou reproduccións baratas”. A partir do vindeiro 9 de xuño estará á venda nas principais librarías do país.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 2 = 10