medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Ramón Area: “A mestura entre o real e o subxectivo non adoita encontrarse nos libros escritos dende Galiza”

A historia dun mariño alemán, Wilhelm Mette, que acaba soterrado no psiquiátrico santiagués de Conxo foi a materia real que fixo saltar a lapra creativa. Con esta novela, o psiquiatra Ramón Area dá o salto á ficción. Dende Letra en Obras remitímoslle un cuestionario para saber algo máis do proceso creativo e de como ve unhas letras galegas das que agora el tamén é protagonista.

O autor, Ramón Area, á dereita desta imaxe

O autor, Ramón Area, á dereita desta imaxe

Vostede é psiquiatra, ten obra ensaística , pero esta é a estrea na ficción. Como xorde  unha novela baseada na historia dun mariño alemán que está soterrado no cemiterio do psiquiátrico de Conxo? Cóntenos como se xestou esta historia.

A novela xorde a partir dun feito real: o descubrimento da tumba de Wilhelm Mette durante as tarefas de restauración do antigo cemiterio de Conxo. Eu teño coñecemento da súa existencia ao pouco de entrar a traballar no hospital, hai uns cinco anos. Alguén ma conta ao xeito dunha anécdota. As narracións nas institucións adoitan circular así: hai unha pausa e alguén bota a falar, coma se fose un conto que se repite aos recén chegados, deixando que o peso do pasado e a
cantidade de cousas que aconteceron vaia enchoupando aos que escoitan. Xa dende ese intre cavilei na posibilidade de escribir unha novela. Ao primeiro pasei un tempo documentándome e investigando, escribindo pequenos anacos sobre algún detalle: os barcos, a guerra, os naufraxios, as circunstancias do hospital psiquiátrico a primeiros do século XX, a emigración ás américas. Logo, case de súpeto, escribín o que logo sería o último capítulo e dende aí fun tecendo a novela.

Que foi o máis complicado á hora de plasmala?

O máis complicado foi atopar un lugar na ficción dende o que falar da psiquiatría. É un oficio complexo, no que aparecen contradicións relacionadas co saber, coa ética, co sufrimento… e deume moito que pensar sobre como debería narrar. Nese pano de fondo sitúase o Capitán Mette do que me custou darlle a coherencia que precisaba a historia, xa que todo xira ao seu redor.

Tempo de pedra sae nun pequeno selo coruñés (Editorial Canela) é como é a experiencia de  difundir unha obra fóra das editoras tradicionais? Que é o máis difícil á hora de ver publicado un libro?

Eu só teño boas palabras para Editorial Canela e para Pablo Quintana. O proceso transcorreu como penso que deben ir estes asuntos: un amigo faloume da editorial cando xa desbotara seguir a traballar na novela e publicala ao atoparme coas dificultades habituais. Mandeilles o manuscrito, gustoulles, fixeron suxestións, corrixín cousas e, finalmente, o libro saíu á rúa. Sen máis enredos. Penso que tanto Pablo coma min pensamos, no fondo, que ten que haber unha certa sinxeleza nas persoas que andamos entre libros. Ás veces semella que a maior dificultade para ver publicado unha obra (fóra das dificultades polas que atravesa o mundo editorial), é a perda dun certo sentido da mesura, da cordialidade, do optimismo básico, da certeza de que o espazo da ficción sempre debe ser algo compartido e ilusionante, sen que estean a asomar dun xeito constante miserias e grandezas propias e alleas.

tempo+1450207518Agora que xa se estreou no mundo literario, como ve o panorama da literatura galega actual? Que libros bota en falta como lector?

Son moi lector, dende sempre, aínda que moi desordenado e sen a sistematización que precisaría unha opinión rigorosa sobre destes asuntos. Como valoración persoal coido que a literatura, en si mesma, non é o punto feble do galego. Esta é unha fisterra onde agroma ben a ficción, hai moi bos escritores e excelentes libros. Outra cousa ben distinta son as políticas sobre o libro e o mundo que se ten construído para el. Como lector ás veces penso que hai unha quebra entre o libro técnico-científico e o libro máis literario. Debe ser teima miña pero boto de menos libros dun estilo como o de Eliot Weinberger ou Ryszard Kapuscinski, por exemplo. Son unha mestura entre o real e o subxectivo que non adoita encontrarse nos libros escritos dende Galiza.

-Aproveitando os seus coñecementos profesionais, dentro do mundiño é habitual oír queixas da falta dunha masa lectora…Pode recomendarnos algún fármaco ou terapia para lograla?

 A masa lectora pequena supoño que tamén inclúe os profesionais da saúde mental que, ata onde eu sei, andan como o resto do mundo. Por iso non atopo coñecementos profesionais, nin fármacos nin terapia algunha para estas cuestión. En todo caso, gustaríame que fose certo aquilo que dicía Aristóteles: o ser humano ten por natureza o desexo de saber. Sendo así, cun chisco máis de curiosidade crítica e cun pouco máis do desexo de escoitar ao outro, creo que se camiñaría con máis pulo cara os libros. E como sempre, todo empeza na infancia, na casa e nas escolas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 2 = 4