medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Coolt, a nova revista de tendencias da rede galega

desfiles-internacionaisA rede galega ten dende hai algunhas semanas una nova publicación de tendencias en moda, deseño e estilo de vida: Coolt. A cabeceira, dirixida por Cecilia Fernández Santomé, está orientada a un público “eminentemente feminino, interesado na tecnoloxía, nas comunicacións, que busca estar á última e ao que lle gusta viaxar”.

Dende Letra en Obras saudamos esta nova aposta en internet: Que o vento vaia a favor! Deixámosvos o seu manifesto fundacional.

Manifesto

“Coolt” é unha palabra inventada, un malabarismo lingüístico que nace coa vontade de servir de ponte entre dous eidos que, estando ben próximos, ás veces sóltanse da man: o cool e a cult(ura).

Porque as tendencias non teñen por qué seren frívolas e hai modas que son toda unha arte, esta revista que agora comeza a súa andaina declárase fervente defensora de todo aquilo que cheire a creatividade, frescura, experimentación e orixinalidade.

Desde os gustos mainstream ás influencias estranxeiras, pasando polos pequenos tesouros que se agochan nos círculos indies, en Coolt terán un espazo reservado todas as formas da beleza conxugada na súa versión máis ampla e incluínte.

Procurarémola sobre as pasarelas nacionais e internacionais, mais tamén nos obradoiros artesáns, nas mellores cociñas e nas escolas de deseño. O clasicismo atopará un oco a carón do post-moderno, o prêt-à-porter máis exclusivo daralle paso ao street style, e os novos talentos contarán cunha plataforma de lanzamento.

Para hedonistas e para curios@s, mais sobre todo para @s que gocen lendo e aprendendo sobre as últimas novidades nos temas máis diversos, Coolt aspira a se converter na súa revista de referencia.

A partir de agora temos unha cita mensual. En galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


6 + = 10