medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Unha obra sobre a Xeración Nós gaña o Premio Ramón Piñeiro

3184-90963-a-revistanos“De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de NÓS ao cabo do mundo”, de Alfonso Mato e Santiago Lamas, é a obra que o xurado elixiu como a mellor das presentadas ao Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015. A obra galardoada trata sobre unha viaxe que en 1927 fixeron, a Santo André de Teixido, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey. Os autores reflexionan sobre a relación entre camiño e literatura, movemento e lectura.
Santiago Lamas (Pontevedra, 1944), psiquiatra, é autor, entre outros títulos, de ‘Galicia borrosa’ (2004), ‘Ferrín e outras historias’ (2007), ‘Fíos e lecturas’ (2011) e ‘Fisterras atlánticas’’. Foi Premio Fernández del Riego de xornalismo en 2008. Alfonso Mato é historiador e documentalista. Traballou na Gran Enciclopedia Gallega e no Instituto Galego de Información que dirixiu en Santiago de Compostela Isaac Díaz Pardo. É autor de diversos traballos sobre a historia e a cultura da Galicia contemporánea, como o que lle dedicou ao Seminario de Estudos Galegos. Ademais, ten colaborado en obras colectivas, como a edición crítica do ‘Sempre en Galiza’ de Castelao ou ‘Ánxel Casal, un editor para un país. Catálogos de Lar e Nós’.

O Premio Ramón Piñeiro está organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración con Gas Natural Fenosa e a Editorial Galaxia, que publicará a obra nos vindeiros meses. O xurado, que concedeu o premio por unanimidade, estivo formado por Luís Alonso Girgado,  Lourenzo Fernández Prieto, María López Sández, Dolores Vilavedra e Carlos Lema, como secretario con voz e voto, salientou a calidade dos catro orixinais presentados, así como a variedade de temas tratados neles.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 11