medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Lara Dopazo faise coa primeira edición do certame Nortear

Lara Dopazo

Lara Dopazo

Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é a gañadora da primeira edición do premio Nortear, un certame promovido pola Consellaría de Educación a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. O galardón quere estimular a creación literaria dunha e a da outra beira do Miño.

Lara Dopazo impúxose entre sesenta orixinais cunha obra que leva por título “Clamentina” polo que percibirá dous mil euros en metálico. Nesta primeira edición tamén foi premiado cunha mención de honra un traballo presentado por João Maria Cardoso: ‘Coração cheio de nada’.

O xurado, constituído pola directora da AECT, Maria Geraldes, que participou como presidenta; polos escritores galegos Ledicia Costas e Carlos Arias; e polo editor executivo de Edita-me Editora, Carlos Lopes, destacou a beleza da historia de Dopazo Ruibal, a través do uso marcadamente literario e persoal da linguaxe, do dominio seguro e orixinal da técnica narrativa e do ritmo da obra, acompañado de dimensión lírica.

Ao certame podían concorrer autores de relatos de entre 16 e 36 anos con residencia en Galicia ou na rexión Norte de Portugal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


3 + 2 =