medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

A concentración chega ao mundo literario: nace a Gala do Libro

Anuncio do acordo

Anuncio do acordo

Este venres vén de anunciarse un acordo que sen dúbida supón unha importante nova para o mundo da cultura e, de xeito especial, para o das letras. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores e a Federación de Librarías de Galicia organizarán conxuntamente unha gran festa literaria na que se premiarán os mellores libros de cada tempada.  As tres entidades anuncian a desaparición dos premios que ata o de agora viñan convocando por separado. Da suma de todos eles nace un único e ambicioso evento: a Gala do Libro Galego.

Os novos galardóns, que pasarán a ser a gran referencia do libro galego, celebraranse en vésperas do Día das Letras. Para a primeira edición xa hai data anunciada: o vindeiro 14 de maio. Ese día premiaranse as obras máis destacadas do ano anterior. Os premios da Gala do Libro Galego establecerán as seguintes categorías:

  1. Obra de ensaio
  2. Obra de narrativa
  3. Obra infantil e xuvenil
  4. Libro ilustrado
  5. Iniciativa bibliográfica
  6. Obra traducida
  7. Libro de poesía
  8. Libro de teatro
  9. Iniciativa cultural ou fomento da lectura
  10. Proxecto literario na rede
  11. Xornalismo cultural
  12. Escritor galego universal
  13. Premio honorífico á libraría
  14. Premio honorífico á editora

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 4 = 12