medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Finou o profesor e crítico Manuel Rodríguez Alonso

Rodríguez Alonso

Rodríguez Alonso

A primeira hora da tarde deste mércores, comezou a espallarse polas redes sociais a triste nova do pasamento en Madrid do profesor e crítico Manuel Rodríguez Alonso. A morte produciuse debido a unha grave doenza por mor da cal levaba varias semanas hospitalizado. Dende Xerais, Celia Torres, anunciaba en twitter que estabamos ante “un día triste. Deixounos o crítico Manuel Rodríguez Alonso. As Letras Galegas perderon un obreiro”.

Nado en 1952 na comarca do Ribeiro, Rodríguez Alonso foi profesor de ensino medio e máis da UNED. Como filólogo, e sempre nun pretendido segundo plano, foi un incansable divulgador da nosa literatura e un defensor radical do bo uso da lingua. É autor de ensaios como: O galego correcto (1995) ou O españolismo linguístico (Espiral Maior, 2004). Tamén a el se lle deben en boa parte obras como: Dicionario Didáctico do Galego ou Historia Didáctica da Literatura Galega.

Rodríguez Alonso destacou asemade como crítico literario en diferentes medios e sobre todo no seu blog Bouvard e Pécuchet, onde se poden atopar ducias de recensións dos libros publicados en galego nestes últimos anos. Un seu colega e amigo, o crítico Armando Requeixo, explicaba a Letra que con este pasamento “a crítica galega perde unha voz autenticamente independente e a ollada dun estudoso que amaba, con fondura, a literatura galega. As nosas letras están de loito.”

Comentario a Finou o profesor e crítico Manuel Rodríguez Alonso

  1. Pingback: O mundo literario lamenta a perda do profesor e crítico Rodríguez Alonso | Letra en Obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


1 + = 10