medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Premios Xerais 2015: o asalto definitivo da Xeración do Novo Século

De arriba a abaixo: Érica Esmorís, Héctor Cajaraville e Andrea Maceiras

De arriba a abaixo: Érica Esmorís, Héctor Cajaraville e Andrea Maceiras

Cunha temperatura exterior que superaba os trinta graos, o mundo das letras fervía este sábado no medio da ría de Vigo. Escritores, críticos, xente varia relacionada coa industria cultural paseaba pola Illa de San Simón, procurando sentar nas zonas de sombra. Alleos á cita dos Premios Xerais, a poucas ducias de metros, oíanse as voces despreocupadas e alegres dos bañistas vigueses máis acomodados, eses que posúen embarcacións recreativas para gozar na ría do seu tempo de lecer.
Se ninguén dubida que os Xerais son un dos principais actos non só literarios, se non culturais do ano, este ano tamén serviron para poñer os focos sobre tres autores nada ou case nada coñecidos. Para a sorpresa de moitos, os xurados apostaron pola renovación. Así o premio de novela recaeu nun descoñecido Hector Cajaraville (pola obra De remate), que se notaba emocionado, desbordado e feliz polo que se lle viña enriba. O Merlín de literatura infantil foi parar a Erica Esmorís (por Nena e o mar) que non puido reprimir as bágoas diante de máis de 200 persoas que facían tremer o auditorio cos seus aplausos. Por último, o Jules Vernes de literatura xuvenil, foi para Andrea Maceiras.
No acto, o director de Xerais, Manuel Bragado, mostrouse orgulloso dos premios pero sobre todo do que certa parte da crítica e do mundo das letras comeza a denominar como Xeración do Novo Século ou da Esperanza. Englobaríanse aquí os autores e autoras que comezaron a publicar as súas primeiras neste século que estamos, a maioría nados na segunda metade dos 70 e ao longo da década dos 80. Aí están tamén os tres premiados Héctor Cajaraville (Compostela, 1975); Erica Esmorís (A Coruña, 1977); e Andrea Maceiras (A Coruña, 1987). A ruptura xeracional leva algúns anos en marcha e agora xa semella concretarse en premios canónicos como estes de Xerais.
Cé Orquestra Pantasma puxo a música máis animada antes duns petiscos cos que rematou a velada e nos que se falou moito de literatura pero tamén de política e do forte vendaval que pasou polas urnas un par de semanas antes. Falando de política, chama a atención as sintomáticas e estridentes ausencias do novo conselleiro de Educación e Cultura, o lalinense Román Rodríguez, e a do propio Secretario Xeral, Anxo Lourenzo. Tan só o responsable de Política Lingüistica, Valentín García, estivo presente nun dos actos máis importantes do calendario cultural do país.

Comentario a Premios Xerais 2015: o asalto definitivo da Xeración do Novo Século

  1. A obra gañadora do Premio Xerais de Novela é “De remate” e non “De repente”.

    Parabéns polo post.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


4 + = 8