medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Castro Yáñez faise coa primeira edición do Nélida Piñón

nelida_pinon_bid_cultura-movil O certame de narración breve máis dotado do momento(seis mil euros) vai para o municipio da Pastoriza. O xurado escolleu o relato O vello e o minotauro, de Jesús Castro Yáñez, un mozo que vén de cumprir os 23 anos de idade. O fallo anunciouse esta mañá no Concello de Cotobade. Nesta primeira edición houbo unha altísima participación: 180 relatos a concurso. O xurado estivo composto por Armando Requeixo, Fina Casalderrei e Carme Villarino.

A pesar da súa xuventude, Castro Yáñez gañou diversos premios nos últimos anos, entre eles o Minerva e o Díaz Jácome de poesía. Ata o momento só ten publicado unha plaquette bilingüe (galego e castelán) que está dispoñible en rede de balde: Spike-and-wave.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + 2 =