medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Francesco Tonucci: a revolución urbanística pendente é a de abrirlle as rúas ás crianzas

Tonucci

Tonucci

Hai poucos pedagogos tan recoñecidos e seguidos hoxe en día como o italiano Francesco Tonucci (Fano, 1941). E se hai unha liña discursiva central neste pensador é a necesidade de darlle un papel principal aos menores como cidadáns. As cidades e as vilas están pensadas para os maiores pero case nunca para os nenos e nenas, Tonucci defende que unha política urbanística que poña a luz tamén sobre as necesidades dos menores, que teñen que ter voz na planificación, redunda nunha mellor calidade de vida de todos os cidadáns. Os nenos e nenas deben facer súas as rúas e as prazas como espazo de socialización e convivencia.

Tonucci chega esta semana ao noso país. A editorial Kalandraka traduciu ao galego un seu libro o pasado outono: A cidade dos nenos. Este venres, 13 de marzo, ás 13 horas, o autor estará na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela para presentar o libro canda unha das súas tradutoras (Mónica Baleirón, Sonia Santos e Rut Vázquez), o profesor Antón Costa e a decana da facultade, María del Carmen Fernández Morante.

Cómpre dicir que este libro editado por Kalandraka prologouno, ademais de Antón Costas, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. O concello pontevedrés tomou nota das teorías de Tonucci á hora de poñer en marcha a súa política urbanística e o propio autor gabou nalgunha ocasión o modelo desta cidade.

Comentario a Francesco Tonucci: a revolución urbanística pendente é a de abrirlle as rúas ás crianzas

  1. Pingback: Francesco Tonucci: a revolución urbanística pendente é a de abrirlle as rúas ás crianzas | Botóns

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 12