medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Distintos usos dunha dorna

Vidal

Vidal

Non hai moito, o Presidente Núñez Feijóo afirmou comprender os problemas dos traballadores por ser el mesmo fillo de obreiro. En realidade, seu pai fora xefe de obreiros, mais o matiz non é tan relevante. Aquí considérase (el mesmo) de clase obreira aquel que tiña un avó que ía pescar nunha dorna, malia que o neto só teña subido nunha na recreación dos ataques viquingos a Catoira.

A literatura galega tampouco librou desta confusión. Inza de retratos da clase obreira cualificables, como pouco, de dubidosos. Todos, sexan exemplos de saudosismo da vella garda ou narrativa contemporánea, teñen en común unha imaxinación propia de conto de fadas, cun maior ou menor grao de distancia con respecto á realidade da que falan. Non o chamo engano: entendo que os autores non levan tal intención. Mais o certo é que, tomados coma “radiografía social”, como gustan de dicir os entendidos, resultan máis ben pouco fiables. O personaxe tipo de clase obreira das letras galegas leva nunha man a ferramenta de traballo e na outra un libro de Marx ou, en menor medida, de Keynes. O seu único defecto semella ser o odio como reacción fronte á tiranía do sistema ou das circunstancias. Eu levo 35 anos sendo de clase obreira, e a meirande parte das persoas que coñecín e coñezo levan nunha man un vaso de viño/cubata e un exemplar do Marca na outra, dito sen condescendencia: sendo descritivo. Existen individuos semellantes a esoutros de papel, sei dalgún e desexaría que foran máis numerosos, mais non é crible afirmar que son maioría se o que se pretende é amosar unha imaxe xeral ou, sequera, minimamente realista (dentro do concepto literario moi liberal dese termo) dunha clase. Tal imaxe é, como moito, a expresión dunha ilusión, e só coma tal debera venderse.

En troques, esta ficción ben intencionada sempre pasou por crónica rigorosa para boa parte da crítica e do público, ou esa é a sensación. É unha das razóns polas que, cada vez que leo nunha crítica literaria o adxectivo “inverosímil” dirixido a unha obra na que non aparecen seres humanos semidivinos, o propio feito se me antolla inverosímil. Diríase que esta palabra, na literatura de aquí, perdeu ou viu moi desfigurado o seu significado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 3