medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Que debe ter unha obra literaria en galego para vender máis de 40.000 exemplares?

capa-cartas-de-invernoNun mercado interno pequeno, e por riba non normalizado como é o noso, que unha novela chegue a vender 2.000 exemplares é xa nova. Comentabamos en 2013 que a tiraxe media dunha novela era de 1.000 exemplares (agora a cifra sería incluso menor) e a dun libro de poesía apenas superaba os 250. Mais entres os títulos que se publican sempre hai algúns que conquistan o público e que se converten en auténticos “long-sellers”.

lapisUn exemplo podemos buscalo nunha das principais editoras en galego. Edicións Xerais, fundada en 1979, conta con seis libros que ao longo de todo este tempo superaron os 40.000 exemplares vendidos. Este é o seu particular ranking (con datos de finais de 2014)

Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (1995)——91.000 exemplares vendidos.

O lapis do carpinteiro, Manuel Rivas (1998)—————–85.000 exemplares vendidos.

GalvánGalván en Saor, de Darío X. Cabana (1989)——————52.000 exemplares vendidos.

Cando petan na porta pola noite, X.P. Docampo (1994)—48.500cando petan exemplares vendidos.

As flores radioactivas, Agustín Fernández Paz (1990)——-48.000 exemplares vendidos.

sombraA sombra cazadora, de Suso de Toro (1994)——————42.000 exemplares vendidos.

Comentario a Que debe ter unha obra literaria en galego para vender máis de 40.000 exemplares?

  1. Loxicamente, todas esas son de hai 20 anos. Habería que mirar cánto levan vendido as de mellor reputación do 2000 para acó.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 8