medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

“Non hai nada máis fermoso para unhas editoras que publicar no seu selo aqueles títulos dos que se namoraron”

No mundo editorial galego hai movementos importantes. Un dos últimos é o nacemento de Apiario, un pequeno proxecto que acaban de poñer en marcha hai escasos meses as escritoras Antía Otero e Dores Tembrás. Conversamos coa primeira delas (vía cuestionario) para saber algo máis desta interesante e necesaria aposta de abrir novos camiños no mundo da edición.

Dores Tembrás e Antía Otero

Dores Tembrás e Antía Otero

-Antía, neste tempo xeado de crises interminábeis, ti e Dores Tembrás lanzades Apiario, reivindicando o traballo metódico e paciente das abellas. É esta a filosofía da editora?

Apiario é un proxecto humilde mais intenso a nivel de implicación persoal. Para nós este feito ten moito que ver co artesanal. Todo pasa polas mans, poñendo o foco no detalle. Dende a construcción dos textos, chegando á ilustración, á maquetación, ó deseño, cosido, elección do papel, impresión en offset, á (auto)distribución… É un traballo delicado, custoso e demorado, mais non o entendemos doutra maneira. A maiores para nós o Apiario, dun xeito conceptual, ten moito que ver coa construcción en rede. Con non elaborar de costas aos demáis para obter un beneficio sexa cal sexa, senón tendo en conta os diferentes elementos que conforman a engranaxe dun xeito horizontal e humano.

-De inicio ides contar con tres coleccións: Abella Mestra (Ensaio e Divulgación); Cera Labrada (Poesía); e Niño de Abella (Literatura infantil). Que características debe ter un orixinal para que se converta nese mel literario que chegará ao público?

Como xa comentei, Apiario é unha editora pequena e independente. Traballamos sen axudas nin subvencións aos libros polo que sacaremos poucos títulos ao ano. Este feito fai que nos vexamos na obriga de estudar moi detidamente os proxectos que nos chegan. Nós non traballamos con maquetas prefixadas. Cada título editado irá acompañado da súa propia arquitectura. Ningún libro é igual ao outro no deseño. Por iso o proceso de elaboración é demorado, e se a iso sumamos que estamos comezando, somos conscientes de que chegarán moitos proxectos que aínda querendo non poderemos asumilos.

-É evidente que son máis necesarios que nunca os selos de poesía. Se publicar resulta moi complicado darlle saída a un poemario xa parece un labor titánico. É preciso apostar por novas fórmulas para visualizar a creación poética?

Si. De feito nós pensamos que o sistema editorial na súa vontade de competir con outros formatos está a adquirir maneiras que non lle son propias. Os libros “pasan de moda” prácticamente aos dous meses de estar nas librarías. Un termo, o “pasar de moda”, co que non concordamos e que non fai outra cousa que acurtar a vida do libro. A nosa idea é acompañar *s autor*s e ás súas creacións o maior tempo posible, así como desenvolver moitas das súas posibilidades. O libro non morre nas súas páxinas.

-Dende Apiario, ademais de editar, tedes previsto impartir cursos e formación literaria e creativa. Tiñades claro que eran necesarias novas vías de ingreso para ter viabilidade nun momento tan complexo?

Os cursos de escrita e os obradoiros de Apiario non foron deseñados posteriormente á parte editorial buscando neles unha fonte de ingresos para o proxecto, senón que son o pilar fundamental do proxecto. Tanto Dores Tembrás coma min levamos moito tempo coordinando estas actividades tanto no ámbito público coma no privado. Dende hai anos é parte do noso traballo e da nosa dedicación. Agora, cando puxemos as experiencias enriba da mesa, vimos realmente o traballo que xa hai detrás. Poñer en valor a palabra, o que se dí e o que non, tamén dende o ámbito teórico e da experimentación, é fundamento… ao igual que é xuntarse c*s participantes dos obradoiros que cada semana ao longo do ano traballan continuadamente con nós, ou que asisten a un curso ou sesión específica. As nosas sesións rematan sendo, un lugar de encontro onde escoitar e compartir dende o respecto, o ánimo de aprender e a crítica fundamentada. Damos moitas posibilidades. Dende obradoiros presenciais e continuados, cursos on_line e monográficos, ou laboratorios dirixidos por autor*s e artist*s que nos interesan realmente e que cada vez que nos visitan son un vento novo.
A parte editorial e o laboratorio de escrita son para nós vasos comunicantes e así o entedimos dende antes de comezar.

Con tan pouco tempo de andaina, 2015 ha ser a proba de lume para Apiario. Cales son os obxectivos para este primeiro ano de traballo. Pódesnos adiantar algúns proxectos?

Os nosos primeiros volumes sairon en decembro de 2014 polo que neste momento estamos centradas nese traballo de acompañar *s autor*s e aos libros. Facendo a distribución, preparando presentacións, creando contextos. Porque Cuqui non quere ir á lavadora de María Lado na colección de Infantil e Celebración de Gonzalo Hermo na de poesía estanos a dar moitas alegrías.
De todas formas, pensamos afrontar de cara á primavera a publicación do libro que abra a liña de ensaio e divulgación ( Colección Abella Mestra ) centrado no traballo coa palabra na aula. Poesía Hexágono é un proxecto no que se contan e recollen as experiencias de seis autor*s que traballan en activo coa palabra nas aulas e, dalgunha maneira, vai destinado a docentes e persoas interesadas no poético. Estamos ilusionadas, porque era unha eiva que nós mesmas notabamos que existía, cando visitabamos os centros de ensino para traballar coa escrita na aula. Poder sacar nun primeiro ano de vida tres ou catro títulos, sen contar con máis apoios que os que nos damos a nós mesmas é un gran éxito.

-Antía, agora xa dende o outro lado do escenario, que debe ter en conta un escritor ou escritora á hora de facer chegar o seu traballo a unha editora? Que consellos lle darías?

Non me sinto na situación de dar ningún consello. Escapo deles. A escrita e a lectura é algo moi persoal e todas sabemos que o que che pode gustar a tí a outra persoa pode darlle para atrás. O que sí se agradece é recibir obras onde ves que existe un traballo detrás, un tempo, unha demora, unha dedicación. Que verdadeiramente hai unha vontade artística, literaria, de transmisión…unha necesidade de contar iso que se está a escribir. Non hai nada máis fermoso para unhas editoras que publicar no seu selo aqueles títulos dos que se namoraron e que admiran como lectoras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


2 + = 6