medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Gravata torta

Un texto de Miguel Ángel Alonso Diz

Fun hai uns días ao IV aniversario da libraría Hobbit en Vigo, e alí atopeime co meu benquerido amigo Germán, máis coñecido coma “O señor Gravata Torta”. Sempre é un pracer asistir a unha sesión de conta contos súa.

(Hai un tempo saíron publicadas cifras respecto ao uso do galego, número de galego falantes… A verdade é que non sorprenden a ninguén que viva na realidade deste país).

E nisto pensei mentres regresaba a casa co sabor do seu bo facer na alma. Nenos e nenas saltando, participando, sorrindo… e en galego. Porque este Señor fai todas as súas actividades na nosa lingua; o seu xeito de facer país e loitar contra unha realidade que coñece ben.

Son moitas as ocasións nas que rexeitou facelos en castelán, e sobre isto falamos xa hai tempo os dous.

Pode que persoas coma el non aparezan na prensa ou na televisión pero sen dúbida forman parte do grupo de heroes anónimos.

Compromiso, amor, paixón e un enorme sorriso nos beizos.

No meu camiño está el, e eu estou no seu camiño. Con esas armas latexamos pola nosa terra.

“Se pensades que somos perigosos,

tedes toda a razón”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


5 + 1 =