medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Atormentados a perpetuidade

Un texto de Vidal

Vidal

Vidal

Imaxino que, logo de coñecer a noticia do atentado contra o semanario francés Charlie Hebdo, a moita xente deste sitio mal chamado Occidente (só é tal desde o noso punto de vista) lle entraría ardor de estómago e se botaría a teclear, dicir ou pensar, con ese impulso tan contemporáneo de non agardar dez segundos cando menos: “O de sempre: escandalizámonos cando matan alguén á porta da nosa casa; en cambio, resúltanos indiferente que os mesmos leven décadas a liquidar a milleiros a mil quilómetros de distancia”.

Temos tan vista a hipocrisía ultimamente que xa con toda actitude a confundimos. Que non nos subleva tanto o que acontece no Líbano ou en Uganda coma o que acontece en París? Natural e naturalmente. Igual lles pasaría a libaneses ou ugandeses se alí estoupara unha bomba ou unha guerra civil e se estoupara aquí. Sempre nos afectará máis o que sucede nun entorno que nos é máis próximo. É o que coñecemos (non direi “o que somos”), o que está máis vinculado a nós. O que nos é familiar. Supoñer que por isto somos uns monstros insensibles é moito supoñer. Seguindo ese razoamento, non dariamos feito o día enteiro a enviar mensaxes de solidariedade con esta ou aqueloutra calamidade pois, con case total seguridade, aventuro que a cada minuto alguén pasa fame, perde o seu único teito ou é asasinado aló ou acó. Sempre nos reprochariamos unha risa, un chiste, un momento de respiro ou lixeireza. Habíamos chegar a considerar a propia vida algo do que non somos dignos, en tanto que as doutros perigan ou son durísimas e nós aquí, a tomar o café e a falar de babecadas. Habiamos chegar a ser seres atormentados a perpetuidade, ó ser (supoño que non é preciso explicalo, pero vaia de tódolos xeitos) tarefa imposible ou moi complicada erradicar por enteiro a desgraza do mundo.

Como digo o anterior, digo tamén que, se existen persoas capaces de aturar sen sucumbir ó suicidio ou á loucura unha existencia semellante de 24 horas diarias, 30 días ó mes e 12 meses ó ano de sentimento de culpa, ira e aflición, cómpre aproveitar ese potencial propio de superheroe, porque ese tipo de ser humano pode co que lle boten.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + = 16