medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

‘La mala puta’: censura, filias e fobias na literatura española

portada la mala putaA finais de novembro chegou ás librarías un ensaio que está a erguer certa polémica na literatura española. La mala puta. Réquiem por la literatura española, de Miguel Dalmau e Román Piña Valls, saca ao tendal os trapos sucios do mundo editorial. Está a literatura española en encefalograma plano? Están as editoras en mas de executivos trampóns e ineptos? Interesan realmente os bos e as boas escritoras? Que se agocha detrás dos premios? Como se exerce a censura literaria? E a autocensura?

O libro xorde das dificultades que tivo Dalmau para publicar unha biografía de Cortázar que estaba previsto que estivese nas librarías este ano. En declaracións a Europa Press un dos autores deste afiado ensaio asegura que: “Á marxe do veto á miña biografía de Cortázaro libro é froito dunha aposta en común con Piña sobre o malestar de amplos sectores da literatura española, dende autores ata o público esixente”.  No libro tamén se recollen testemuños de diversos  autores que explican a súa experiencia.

No libro chaman a atención casos como o de Pedro Maestre.  Con só 29 anos foi Premio Nadal (1996). Acadou un éxito notable, publicou varias novelas ata 2006 e era considerado un dos máis firmes valores da literatura española. Dende hai oito anos, a pesar de ter varios orixinais nos caixóns non consegue ningunha editora que aposte por eles.

O libro coincide con outra denuncia que fixo correr ríos de tinta. O veterano xornalista Gregorio Morán denunciou que Planeta lle tiña censurado un libro (‘El cura y los mandarines’) por criticar duramente ao ex director da Real Academia Española e actual director do Instituto Cervantes, Víctor González de la Concha.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 11