medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Poderío alemán

Un texto de Marcelino Fernández Mallo

Marcelino Fernández Mallo / Foto: Distrito Xermar

Marcelino Fernández Mallo / Foto: Distrito Xermar

O Muro de Berlín era, quen o pode poñer en dúbida, máis ca unha parede de cento e pico quilómetros. Polo menos, unha barreira contra a cultura, contra a tolerancia e contra a comunicación. Contra a dignidade e a liberdade. E unha enorme venda nos ollos na metade dun pobo. Tamén os límites dunha cidade prisión.

Era ademais un enxeño técnico e construtivo que foi evolucionando ao longo dos seus vinte e oito anos de existencia. Tardaron ese tempo en completalo, sempre máis longo e máis difícil de traspasar. Vinte e oito anos borrados de golpe nunhas poucas horas, as que abondaron para derrubalo. Por unha vez, as arelas máis fondamente humanas que venceron a sinrazón e as armas.

Trala asombrosa e fulgurante caída do Muro, os alemáns lanzáronse cara a unha non menos sorprendente, por eficiente, reunificación. Nunha intrépida actuación liderada por Kohl, e malia a oposición de Thatcher e Mitterrand, Alemania uniu os bloques oriental e occidental tras 40 anos de separación. Dende  entón, o seu poderío non fixo máis ca medrar ata tornarse no auténtico cacique de Europa. Un dato: Angela Merkel procede da extinta RDA.

Semella un bo momento para repasar, sequera brevemente, o papel de Alemaña no escenario mundial. Velaí as perspectivas posibles: histórica, económica, política, incluso social. Mais este portal atinxe á cousa das letras así que este artigo tratará a óptica literaria.

Tomando como mostra válida as lecturas personais, habería mencionar a Günter Grass nun simbólico primeiro lugar ao cal se auparía da man do seu memorable “Tambor de folla de lata” e do erudito e brutalmente creativo “O rodaballo”, sen esquecer ese “É conto longo” que repasa a evolución dunha familia antes e despois da caída do Muro.

Mencionaría a continuación a Thomas Mann e a súa “Montaña máxica” cargada de filosofía e humanismo. Colocaríamos a seguir, xa fuxindo de calquera vontade de ranking, a Heindrich Böll quen nos deleitou coas “Opinións dun pallaso”, e o retrato sociolóxico que deixa Alfred Döblin na orixinal “Berlín Alexanderplatz”.

O intimismo conmovedor de W.G. Sebald en “Austerlitz” debe ter un oco nesta listaxe así como a narración envolvente de Thomas Bernhard (este austríaco) en “Corrección”. Remato cos santos aos que menos devoción profeso malia o recoñecemento universal do que goza a súa obra: “O lobo estepario” de Hermann Hesse, “Randea de alento” (en galego en Xerais) de Herta Miller ou “Os acantilados de mármore” de Ernst Jünger son obras que completan esta particular antoloxía.

Se non conto mal, quedan citados cinco premios Nöbel, boa mostra do poderío alemán así mesmo no eido da Literatura universal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 9 = 14