medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Cada mestriño ten o seu libriño…

Un texto de Raquel Boo Anderson

Hai uns meses, contábavos como me colei na festa de Blas, ese libro imaxinario que me serviu de pretexto para introducir a morea de profesionais que participan na edición dunha publicación tradicional, e con tradicional quero dicir, en papel. Pois debinlle coller o gusto… Tanto, que o 25 de outubro, me colei noutra festa, organizada, desta volta, por persoas de carne e óso, ou máis ben grafito.

Raquel Boo Anderson

Raquel Boo Anderson

Achegueime ao XI Encontro Galego de Ilustración tentada polo interesante programa, centrado na edición dixital e os retos que supón, e polas ganas de coñecer a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) de preto. Abriu a xornada Lluís M. Abián, fundador da editora dixital Ilubuc, que compartiu o seu modelo de negocio, así como tamén os formatos e plataformas que nos achegan á autoedición. Despois o gran ilustrador e debuxante satírico Ajubel, animounos a evolucionar cara os novos tempos, relatando a súa viaxe persoal desde que burlaba a censura na Cuba dos 70 armado con enxeño e un lapis, até que aprendeu a usar unha táboa gráfica para desenvolver aplicacións e libros dixitais como o seu premiado Robinson Crusoe. A última en falar foi Nati Rodríguez que nos deleitou cunha amena charla chea de entusiasmo e motivación sobre a súa iniciativa empresarial IconI,  na que poñen en valor o traballo dos ilustradores a través de interesantes proxectos culturais e de formación, como o IlustraTour ou o Máster en Álbum Infantil Ilustrado.

Non sei vós, pero eu pasmo vendo a outros falar con paixón do seu traballo, e así foi que saín a unha soleada rúa do Vilar, ensimismada, concordando con moito do que alí se explicou. Non poño en dúbida, en ningún momento, a capacidade de adaptación á era dixital do sector editorial, mais si me preocupa o xeito de abordalo. Moitas veces se fala da autoedición como se fose a panacea… que si antes as editoras se papaban todos os beneficios, que si chegou a hora de que os autores e autoras por fin perciban cada céntimo derivado da súa obra,… Pero, sendo certo que a tecnoloxía de edición é relativamente sinxela de usar, e as plataformas para comercializar unha publicación dixital están ao alcance de calquera;   son fiel á crenza de que para que o mercado da edición dixital funcione e sexa rendible debe sosterse sobre produtos de calidade. E por estraño que pareza, sigo pensando que acabarán participando o mesmo número de profesionais que na edición tradicional.

Continuamos a precisar dun programador ou deseñador para facer que esa publicación dixital sexa competitiva, que aporte algo máis que a posibilidade de lerse nun dispositivo electrónico. Debemos ser conscientes das posibilidades das apps e da profundidade dos contidos que se pode acadar. E unha vez que teñamos o produto seguimos tendo que vendelo, porque subilo a unha plataforma como Amazon non nos vai facer millonarios (vale, pode que se dese algún caso…). É dicir, requirimos ferramentas de marketing, promoción e comunicación… e non é doado chamar a atención nun entorno asoballado de estímulos. Por non falar do asesoramento lingüístico, a organización de presentacións, a selección de plataformas para a distribución, os aspectos legais e de licenzas…

Pode facer todo isto unha soa persoa?… pode ser. Os perfís profesionais actuais son máis polivalentes, e a todos nos toca prepararnos en distintas materias para ser simplemente usuarios das TICs. Autoeditar non debería significar facelo todo un só, porque iso pode afecta á calidade do produto ou a súa mala promoción. Autoeditar, para min, é estar familiarizado con todo o que abrangue o proceso de edición para poder simplificar o traballo, aforrar custes e investir nos colaboradores axeitados.

Acabaremos tendo pois, cada un seu libriño? Un que non vaia lonxe? Que non satisfaga máis que o noso ego? Ou acabaremos xerando un novo entorno de edición dixital competitivo e pleno, no que deixemos de pensar que un libro dixital é simplemente un formato máis barato de publicación que un en papel porque non ten custes de impresión (sen contar todos os outros gastos de edición que obviamos ao facer este tipo de afirmacións erróneas) … e comprendamos que unha publicación dixital non ten límites e pode ser un proxecto multidisciplinar por descubrir. Autoedición, claro, pero responsable, en papel e dixital.

O meu sincero agradecemento á AGPI, por organizar unha palestra tan interesante, por ilustrarme.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 7 = 11