medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Lisboa. De pé, sentada, agachada e soñando

Un texto de Raquel Boo Anderson

Raquel Boo Anderson

Raquel Boo Anderson

MARTES. Camiñando polo concorrido Chiado aproxímome ao 73 da rúa Garret. Facendo esquina, dou cun establecemento que porta un cartel de record guinness por ser o máis antigo da súa categoría e ficar aínda en funcionamento. É unha libraría. A Bertrand, que abriu as súas portas no ano 1732, instalouse nesta céntrica vía logo do grande terremoto. No interior, sucédense delimitadas seccións temáticas ao longo de 6 estancias e amoréanse os bestsellers de xeito estratéxico. Pode non semellar máis ca unha libraría grande, pero cómpre recordar que as súas paredes foron testemuña de cambios políticos e sociais que marcaron a historia dun país, os seus teitos límite para as voces dos intelectuais que a frecuentaban e os seus estantes morada de moitas letras ao longo de máis de 260 anos. A máis vella do mundo que conta con 50 fillas, espalladas por Portugal e parte do estranxeiro, foi mercada polo Grupo Planeta hai uns anos. Cheira a libro e convida a perderse…

XOVES. Achégome á zona de Alcántara para visitar as instalacións dunha área industrial de 1856 recentemente recuperada. No LX-Factory conviven porta con porta: produtoras, axencias de comunicación, deseñadores, artesáns, artistas e iniciativas culturais; en réxime de coworking, con servizos mancomunados, mais cada un no seu estudo, sen perder identidade. E para alimentar estes traballadores en corpo e espírito, un variado de propostas gastronómicas e tendas moran no que antes eran obradoiros e almacéns.  E como non, tamén hai unha libraría. Ler Devagar trasladouse do Bario Alto ao lugar que ocupaba antano unha rotativa, porque as letras chaman polas letras. Abrangue un espazo diáfano, con tres andares, que ten unha bicicleta voadora atravesando a estancia e ringleiras interminables de libros que ascenden incrementando a sensación de verticalidade.  E polo medio, nas mesas do seu servizo de cafetería, escríbese a vida. Alí teñen cabida unha exposición de inventos e chintófanos, unha sala para presentacións e concertos e un recuncho para libros de segunda man. Cheira a café e a doces e convida a quedarse…

SÁBADO. Baixo por Alfama na procura da Feira da Ladra (da ladroa), e detrás do Panteón vexo como comeza a estenderse o mercadiño. Aínda é cedo, e moitos feirantes non chegaron, Paso dúas horas percorréndoo, estando máis tempo polo chan que de pé. Libros, vinilos, xoguetes, roupa, xoias, mobles… até cartas ao peso, de caligrafías e vidas alleas. Cada vez que me incorporo, os postiños improvisados se multiplicaron tomando as rúas contiguas como cadradiños tecidos dunha manta de patchwork invasora. A un euro, a dous, a tres libros por cinco e a sete por dez… Resisto, mentres o ar se enche de sons duns músicos de rúa. Cheira a vida e convida a relacionarse…

Pero foi o MÉRCORES, cando vivín a experiencia literaria máis extravagante de todas. Entrei no cuarto sen luz, ás apalpadas cheguei a unha parede que semellaba estar cuberta de libros. Cando os ollos se afixeron á escuridade comecei a intuír un sutil reflexo de luz nos meus pés e ao mirar cara abaixo, vin unha biblioteca infinita. Os estantes de libros que baixaban pola parede xerando a vertixe máis fermosa que cabe imaxinar. Son consciente de que só é unha ilusión causada por un espello ben colocado, pero o momento no que sentes que os libros nunca se acaban é máxico. A Quinta da Regaleira, no centro de Sintra, é o proxecto arquitectónico minucioso e detallado de dous homes, Carvalho Monteiro como promotor e Manini como arquitecto, cuns xardíns cheos de labirintos, grutas, fontes e pozos nos que xogar. Cheira a liberdade e convida a soñar…

E así, de pé na Bertrand, sentada en Ler Devagar, agachada na Feira da Ladra ou soñando na Quinta da Regaleira, os libros viñeron a min na semana en Lisboa, sen eu buscalos, demostrando que todos os formatos de negocio teñen público, só hai que posicionarse. Un pode escapar do seu traballo… pero dos amores, nin en vacacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 3 = 5