medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Adeus a Begoña Caamaño, unha das voces máis destacadas da narrativa

Begoña Caamaño

Begoña Caamaño

A mala nova corre doente no mundo cultural e xornalístico galego, Begoña Caamaño finou este luns no Hospital Clínico de Santiago onde estaba ingresada, despois dun longo tempo loitando contra o cancro. En só cinco anos e con dúas únicas novelas, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), Caamaño situouse na primeira fila da literatura galega grazas á excelente acollida de público e crítica. O seu rexo compromiso feminista na vida cotián foi quen, como non podía ser doutro xeito, de trasladalo con mestría á súa obra literaria

Nacida no barrio vigués do Calvario hai 50 anos, Begoña Caamaño tamén era unha referencia dentro do mundo do xornalismo galego. Profesional da Radio Galega dende 1989, Caamaño foi unha destacada sindicalista do medio público, onde defendeu aos seus compañeiros e denunciou en numerosas ocasións a censura política que sufrían determinadas informacións ou colectivos.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 9