medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Esa parte do pastel

Un texto de Vidal

Vidal

Vidal

A partir de 2016, as bibliotecas públicas deberán abonar un novo canon. Digo un novo, porque xa veñen pagando outro por cada usuario. Agora terán que facelo tamén por cada libro que cedan en préstamo a algún deses usuarios. A esta noticia reaccionaba Nei Vidal no Twitter cun indignado (no sentido convencional e no máis actual) “hai que botalos!”. Eu, antes diso, diría “teñen que explicalo”.

Porque a ver, a reclamación dunha compensación económica derivada do préstamo público de libros vén de vello. Jaureguizar autoimpúxose no seu día (pois coido que ninguén llo chamou) o alcume de O Monstro Do Canon, supoño que por coidarse defensor dunha posición moi impopular na Era Todogratis, sobre todo se o “todo” son produtos culturais. Para min non é impopular en absoluto pensar dese xeito. Dado que, mediante a edición convencional, un escritor percibe unha remuneración ínfima, por algún medio terá que obter ganancia xusta en pago polo seu traballo. Si, xa sei que para moita xente só é traballo o que se fai cando chove por un ou abrasa o sol. Éme igual, sei de que carallo falo, como dicía o tolo que predicaba na ponte en París, Texas.

O que querería eu saber é canto do recadado con ese novo canon irá parar onde verdadeiramente debera, por lóxica e xustiza. Non penso tanto no editor (aínda que tamén, malia que este, cando menos, xa teña cobrado en condicións do organismo público que corresponda pola súa mercadoría), senón no propio autor. E postos a imaxinar, se a cifra fora superior a cero, xa aviso que o sistema de asociacións demostrou ser unha trapallada coma un portaavións: hai socios da SGAE que venderon milleiros de libros e nunca chegaron a ver un can. Aparte, que un autor teña que pagar cota de socio para así figurar nos papeis e poder cobrar polo que produce a súa obra é tanto unha infamia coma un absurdo do quince.

En resume: se vai haber un reparto do pastel que axudaron a facer, moitos dirán: “Colega, eu quero a miña parte”. E non se lles poderá negar. Non.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


8 + 4 =