medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Lara Rozados: “O caderno amarelo é tamén reflexo dun momento de precariedade”

Lara Rozados

Lara Rozados

Toca o teléfono e ao outro lado da liña comunícanche que  acabas de gañar o Victoriano Taibo de poesía. De súpeto sabes que che van publicar o teu primeiro libro e que canda o premio veñen 3.000 euros que traen unha miga de auga a este tempo de sempiterna seca económica. Isto é o que lle vén de acontecer esta fin de semana a Lara Rozados Lorenzo. Con 31 anos, esta xornalista e incombustible activista social e cultural, pon o seu nome nun premio poético que xa se escribe con maiúsculas no noso calendario literario. O caderno amarelo pode ter o pouso da precariedade laboral, que a autora, como a maior parte da mocidade galega coñece de primeira man, mais a vida de Lara Rozados é a antítese da parálise. Mentres agardamos con ansia a que chegue ás librarías o seu debut literario, pedímoslle á premiada que nos conteste de urxencia este minicuestionario.

-Como lle queda a unha o corpo cando lle comunican que acaba de gañar o Victoriano Taibo de poesía?

Uf, eu que sei! Estaba indo cara á mani de solidariedade con Catalunya cando mo dixeron, e dei en escachar a rir… Non o agardaba para nada! Loxicamente, cando te presentas a un premio tes a esperanza de gañar, pero este para min era o primeiro, e fíxeno máis por probar que por outra cousa. Cando me vin finalista xa foi toda una sorpresa, e cando recibín esa chamada, que vos vou contar!

-Máis aló do recoñecemento, o galardón vai servir para a súa estrea nas librarías. Que vai atopar a lectora que se mergulle na obra O caderno amarelo?

É moi difícil pórse a definir o que una fai… É coma unha amiga que me preguntara “De que vai o teu libro?” Son poemas moi narrativos na súa estrutura a maioría, xa que veño do xornalismo e algo sempre queda, e tamén máis sociais ca intimistas (haberá un ou dous dedicados a persoas concretas que son importantes na miña vida). En xeral, son pinceladas de cousas que percibo, que leo ou que vivo, e tamén reflexo dun momento de moita precariedade. Escribino nuns meses en que non atopaba traballo nin “pa Dios” e estaba á última pregunta, sen un can… Ao final colléranme nun traballo de vender seguros a porta fría, onde durei un mes, estreaba unha obra teatral, seguía con clases particulares cando podía, o Cineclube tivemos un encontro con asociacións checas e polacas no marco dun proxecto Grundtvig europeo… E despois conseguín traballo de monitora nuns campamentos xeniais, con xente incrible no equipo, e presenteime a una oposición de xornalista na Deputación de Pontevedra (que teño aprobada, pero a saber…) En resumo, foron uns meses moi tolos, e polo medio deume por xuntar todo o que escribira e envialo ao certame.

-Xornalismo, filoloxía, teatro, monitora de tempo libre, activismo nos movementos asociativos, crítica literaria, poesía…O seu non é precisamente a indolencia. Xa atopou tempo para traballar nalgún novo proxecto literario?

Pois sempre quixen facer algo coas historias vitais que conta a miña avoa Lola (ao seu xeito, está tamén moi presente n’O caderno). Lola tivo unha vida interesantísima: a súa nai era estraperlista e ela coidaba dos seus tres irmáns na posguerra, despois viviu emigrada en Venezuela, onde naceron meu pai e miña tía, e ao volver, na Estrada, e con máis de 60 anos separouse do meu avó e púxose a vivir a vida. Pero o mellor é como conta ela as historias, meténdolles moito misterio. Meu irmán e mais eu gravámola algunha vez e fun transcribindo esas conversas, así que algún día hei facer algo con elas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


7 + = 16