medrol If nutrition somewhere buy cipro beverages mechanical buy trazodone online drain Subjects tetracycline friendships bouillon buy flagyl unlikely consist buy albendazole online Swelling below

Libro galego: S.O.S. Hai alguén aí?

Feira do Libro de Vigo

Feira do Libro de Vigo

O pasado 10 de xullo na conta de Facebook de Edicións Positivas aparecía a seguinte reflexión: “Ten futuro o libro galego? A situación do libro galego é catastrófica”. Así, sen analxésicos comezaba un pequeno debate na rede e as opinións dos internautas eran moi semellantes: O libro galego vive un momento de moi crítico. Á vista disto decidimos lanzar as seguintes preguntas:
1- Está a callar a idea de que o libro galego está a vivir un momento especialmente crítico que incluso abre dúbidas sobre o seu futuro. Como ves a situación?
2- Que precisa para saír deste estado anémico e gañar terreo?

Eis as primeiras respostas.

Paco Macías (fundador e propietario de Positivas, proxecto que ten tras de si 24 anos de traxectoria)

Paco Macías

Paco Macías

1- O libro, en papel, está a diminuír en todo o mundo. Galicia non está á marxe. Ao contrario, aquí está peor. As empresas son febles, tanto as editoras, como as distribuidoras, ou as librarías. O único que non perdeu vitalidade son os creadores. A mostra máis clara desta debilidade é a ausencia de debate, de preocupación pública, de lanzamento de iniciativas conxuntas… etc.
2- Pois recoñecer o evidente, unirse, e traballar máis conxuntamente que nunca. É o principio. E lanzarse aos novos espazos dixitais. Non hai fórmulas máxicas.

Mercedes Queixas-Zas (escritora, profesora e secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega). En resposta única ás dúas cuestión:

Mercedes Queixas Zas

Mercedes Queixas Zas

– Vivimos unha realidade moi ambigua e distorsionadora. Por unha banda, a pluralidade, diversidade, calidade e recoñecemento interior e exterior dunha gran parte da literatura galega confirman o bo momento creativo . Por outra banda, no entanto, é insuficiente o nivel de compromiso da sociedade á hora de consumir produtos culturais en galego en xeral, e literarios en particular, moitas veces debido á non superación de prexuízos que fan de menos as formas de expresión cultural na lingua propia. É parte corresponsábel no presente a propia Administración ao gravar impositivamente cun IVE inxusto e inxustificábel o libro, así como ao non elaborar unha planificación cultural que realmente teña como centro de gravidade o libro e a lectura, entendida como ferramenta de formación, instrución, ademais de lecer, para a sociedade, nomedamentea infancia e a mocidade, substrato crítico lector do futuro. Con certeza, o futuro do libro galego correrá a mesma sorte que a lingua que lle dá as palabras para a escrita.

Francisco Castro (Escritor e traballador da Editorial Galaxia)

Francisco Castro

Francisco Castro

1.- Sen dúbida estamos nun intre crítico. O recente informe do Gremio de Editores deixa claro que volvemos ao nivel de hai 20 anos en facturación. No caso concreto do libro en galego, estamos editando aproximadamente a metade do que editabamos hai seis anos. Mais o peor da crise, ao meu entender, é que non estamos fabricando lectores. O galego necesita lectores. De nada sirve ter unha industria editorial se non hai lectores. E non parece que teñamos moitos máis alá da prescrición educativa. Pero iso vale tamén para o teatro ou a música ou os xornais e para toda aquela manifestación cultural que teña o galego como lingua vehicular.
2- O primeiro que necesitariamos sería un país detrás. Lectores e lectoras que aposten pola nosa produción editorial. Os índices de lectura son baixos. En galego, máis que baixos. Como saír desta? Entre outras cousas, promovendo políticas que fagan lectores, que lle aprendan á cidadanía que a lectura é un pracer, que é algo útil. Que se fagan campañas que vaian máis aló da cosmética e a maquillaxe. Que se aposte polas bibliotecas. Que non se recorte en educación. Que se forme aos futuros profesores en animación á lectura e no coñecemento da nosa literatura.

Marcelino Fernández Mallo (escritor)

Marcelino Fernández Mallo

Marcelino Fernández Mallo

1. Véxoa en situación límite, o libro galego na marxinalidade dentro dun sector xeral en grave crise de seu.

2. Estratexia de lingua e de literatura próxima ao cidadán que integre edición, distribución e promoción.

 

 

2 comentarios a Libro galego: S.O.S. Hai alguén aí?

  1. Roberto A. Rodrigues

    Quixen tamén participar no debate mais non sabía cales eran os canles para o facer. Así que, desculpade o atrevemento de expresarme a través destes comentarios.

    1- Como escritor dunha editora minoritaria (Contos Estraños) podo aseverar que o do estado crítico dos nosos libros non é unha idea que estea a callar, senón un feito irrefutable. Se as nosas publicacións se manteñen é grazas á ilusión de editores e autores, tanto ilustradores como escritores, de dotar á lingua de noso dun encofrado de literatura de terror, fantástica e de ciencia ficción. En calquera outro senso as nosas publicacións son de todo inviables.

    2- Os libros precisan chegar ao potencial lector.
    Isto, penso eu, é posible combatendo en primeiro lugar o prexuízo instalado no subconsciente da inmensa maioría dos cidadáns de que non saben ou non queren ler en galego porque: os libros en galego son aburridos, non entendo a linguaxe… e tantas outras escusas que de cotío escoito.
    Para chegar ao lector, aparte das políticas institucionais, é preciso aproveitar os outros medios de máis doado consumo. Falo de adaptar escritos ao audiovisual, videoxogos, actividades… (poño por exemplo a gran tarefa que se ten feito coa serie Dragal) que acheguen a produción literaria ao lector-consumidor.
    Boto en falla unha literatura máis lixeira, máis de entretemento que de excelencia, que cree lectores asiduos e poida levalos logo a uns escritos con argumentos/linguaxes máis elucubrados.
    Por último, (dubido de que esta percepción sexa correcta porque xa hai anos que non vivo na Galiza) boto tamén en falla que se fale nas rúas, nos actos, nas redes sociais… de literatura en galego polos lectores asiduos. Que se comenten as obras, se recomenden, se critiquen, se agasallen… dándolle pulo así á impagable promoción que vai de boca en boca.

  2. Pingback: Libro galego: S.O.S. Hai alguén aí?, desde Letra en Obras | ::Axenda cultural AELG::

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


+ 1 = 6